29 mar 2011

Exercicio de simetría para 4º da ESO

"A simetría é determinante de moitas formas e moitos funcionamentos".

Neste exercicio proponse unha ficha de simetría axial, para realizar un debuxo dunha libeliña, atendendo a un eixe central para poder completar o debuxo simétrico ao proposto.

Para realizar esta proposta de simetría tomouse como modelo unha Aeshna da Guide to the Dragonflies of Britain and Europe de Klaas-Douwe B Dijkstra.

Tendo en conta as indicacións deste modelo, fíxose no programa Inkscape un gráfico vectorial de simetría dunha libeliña. Para os docentes interesados na ficha de traballo, aquí deixamos o enlace para descargala:

Exercicio de simetría axial.

Unha vez realizados os exercicios de simetría, os alumnos interesados poden recrear unha animación da libeliña nun programa sinxelo de edición de vídeo como o Movie Maker. Este é un exemplo elaborado por alumnos de 4º ESO:

5 mar 2011

Lestes dryas Kirby, 1890

Presente en zonas de augas estancadas e con pouca profundidade, con presenza de vexetación acuática emerxente nos laterais.
De tamaño entre 35-40 mm. Coloración xeral verde metálica con partes azul pruinoso. Abdome con Pruiniscencia ó madurar en S1 e 2/3 do S2, e nos S9-10. Tamén en partes ventrais de S6 a S8.

Lestes dryas, macho. Pedrafita 2010

Lestes dryas, macho. Pedrafitia 2010
Lestes dryas, macho. Friol 2010

Lestes dryas, femia. Guitiriz

Lestes dryas, femia téneral. Guitiriz

Lestes dryas. Posta endofítica fora da auga.

Lestes dryas. Posta en tándem.


Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

27 feb 2011

Boyeria irene

A coloración do corpo desta especie é verde-parda, cun deseño de camuflaxe moi peculiar. O pterostigma é moi longo e os ápices das ás están escurecidas. Patas pardo-roxas. As femias poden ser máis pardas que verdosas.

Foto: A Laracha, Setembro 2010

Macho de Boyeria irene

Fotos: Lugo 2013
Macho

Femia brachycerca

Abdome do macho coa súa característica "luz caudal" en S9-10

9 feb 2011

Anax imperator

Odonato de gran tamaño, cunha lonxitude entre os 66 e os 84 mm. Cunha envergadura das ás de ata 110 mm. Tórax de cor verde. Diante dos ollos no alto da fronte presenta un pentágono negro. Abdome azul cunha banda negra que se ensancha cara os costados. A femia ten unha coloración xeral máis verde coas bandas escuras máis anchas. Pode haber femias andromorfas (co abdome azul).

Fotos en Guitiriz. Agosto-Setembro 2010.


Anax imperator macho
Anax imperator macho
Femia androcroma. Guitiriz.

Foto A Mezquita. Ourense.

Femia androcroma.


Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

30 ene 2011

Sympetrum pedemontanum

Fotos do norte de Italia. Xullo 2010





Ischnura graellsii

Especie de pequeno tamaño, a máis pequena do xénero Ischnura, os adultos miden entre 26 e 31 mm. A coloración xeral é negra e azul, ainda que existen diferentes morfotipos. Ollos azuis coa parte superior negra; tórax con dorso negro, e costados azulados con bandas negras; abdome coa cara superior totalmente negra excepto no S8 e parte do S9 que é azul. O pterostigma é romboidal e bicolor en negro e branco. As femias presentan varias formas de coloración: con coloración similar os machos, que son as femias andromorfas; e as femias heteromorfas, que poden ser tipo infuscans e tipo aurantiaca.

Macho

Femia aurantiaca. Mesía.

Femia aurantiaca. Mesía.

Cópula de Ischnura graellsii

Hábitat

Pode estar presente tanto en hábitats acuáticos estancados como cerca de ríos de pouco caudal. Necesita vexetación acuática e emerxente para realizar as súas postas. Tolera augas de pouca calidade.


Barreira. Guitiriz

Barreira. Guitiriz




Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941



29 ene 2011

Cordulegaster boltonii

É unha libeliña fácil de distinguir. Trátase dunha especie de grandes medidas, de até 80 mm de lonxitude e 90 mm de envergadura. A súa cor de fondo é negra con marcas amarelas moi acusadas na fronte e labro, e con bandas laterais igualmente amarelas nos segmentos torácicos e abdominais. A extensión das manchas amarelas do abdome é bastante variable. Os ollos son dunha cor verde rechamante. Estas características fan que e na península se lle chame “libélula tigre”. Voa de xuño a principios de outubro. É característico o voo baixo e oscilante dos machos, que soen estar cerca de regatos e ríos pequenos; atópanse a miúdo pousados sobre a vexetación de ribeira, poden chegar a ser extremadamente confiados. As ás son estreitas e alongadas, coa vena costal de cor amarela e o pterostigma negro, longo e estreito; os machos presentan un triángulo anal con 5 celas. As femias fan a posta directamente a través da auga sobre o fondo de limo ou area.

Fotografías agosto-setembro 2010

Cordulegaster boltonii. Abadín.

Cordulegaster boltonii. Courel.


Cordulegaster boltonii. Cenza.
Cordulegaster boltonii macho

Hábitat

Gústanlle as canles estreitas, regatos, ríos pequenos e corgas primaverais de montaña, de augas ben osixenadas e claras. As larvas viven nas augas dos ríos e regatos de corrente rápida.

Regato do Río Lor. Seoane. O Courel.