9 dic 2017

Sympetrum sinaiticum (Dumont, 1977)

Dedicamos este post a José Gándara e Luis Canencia.

Grazas a José e Luís puidemos ver e fotografar algúns exemplares de  Sympetrum sinaiticum na Comunidade de Madrid. Foi unha viaxe de poucas horas pero resultou un paseo formidable na compañía de Luís, xunto coa observación e audición dos bandos de grúas que voaban cara o sur.
Con esta especie conseguimos completar a lista das libélulas observadas e fotografadas que se reproducen na Península Ibérica.
Unhas poucas características diferencian a esta especie dos demais Sympetrum: S. sinaiticum é de tórax pouco marcado, soe ter a parte inferior dos ollos gris-azulada e unhas liñas negras na parte superior dos laterais do S2-3. Nos machos o apéndice inferior case é tan longo coma os apéndices superiores.

Macho

Macho