22 ago 2020

Trithemis annulata nas charcas de O Carpacedo

Nesta nova visita a Verín, Ourense, o día 14 de agosto, observamos que nas charcas de O Carpacedo esta especie aumentou considerablemente a súa poboación. Os machos son dunha fermosa cor púrpura metálica e ollos vermello escuros, con veas alares vermellas e amplas manchas amarelas azafranadas na base das ás posteriores. Ten en xeral unha pruinosidade violeta máis ou menos extensa. A femia é de cor amarela-marrón, con extensas manchas azafranadas na base das ás posteriores. Posúe dúas manchas negras nos segmentos abdominais 8º e 9º.
Macho de Trithemis annulata
Macho de Trithemis annulata
Femia de Trithemis annulata

9 ago 2020

Viaxe á comarca Canal de Navarrés, Valencia.

Viaxamos dende Parga á comarca Canal de Navarrés no interior de Valencia. Escollemos como punto base o Hotel de Montaña La Rocha en Quesa, onde tivemos unha estancia moi agradable para descansar e contemplar a paisaxe de piñeiros, freixos, Pistacia lentiscus e aciñeiras .  

Nesta viaxe puidemos observar e fotografar a nova especie dos odonatos ibéricos, Onychogomphus cazuma Barona, Cardo & Díaz, descrita nun artigo publicado na revista Odonatologica, sendo a primeira especie nova descrita de odonatos no suroeste de Europa desde o século XIX.

Tamén observamos outras especies interesantes como Calopteryx haemorrhoidalis, que presenta nas costas mediterráneas unha coloración diferente ás do noroeste ibérico, así como as buligantes Trithemis kirbyi e Trithemis annulata,  esta última fotografada cun exemplar de Forcipomyia paludis.

Onychogomphus cazuma
Onychogomphus cazuma
Onychogomphus cazuma
Onychogomphus cazuma
Calopteryx haemorrhoidalis
Calopteryx haemorrhoidalis

Trithemis annulata
Trithemis kirbyi
Trithemis kirbyi

17 may 2020

17 de maio 2020 Día das Letras Galegas

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas acompañados de fermosas libeliñas.


Vídeo realizado por  Martiño Cabana.

Coenagrion puella - Donceliña pequena
Centos de Donceliñas pequenas saíron  nestes días das súas exuvias para namorarse ao sol de maio.

 Libellula depressa - Libélula azuleira








8 may 2020

As primeiras libeliñas do 2020 na Terra Chá

Nestes días nun regatiño próximo a nosa casa vimos as primeiras libeliñas do ano, unha  Pyrrhosoma nymphula e unha Calopteryx virgo.

Calopteryx virgo

Pyrrhosoma nymphula