7 may 2018

Da Lagoa de Cospeito a Lagoa de Doniños

Onte, nun día de xuntanza coa familia Ferreiro Pardo, tivemos a sorte de observar varias especies de odonatos. Xunto con Lorena, Ricardo, Antía e Xurxo visitamos primeiro a Lagoa de Cospeito. Nun principio, era o espazo que pensábamos visitar para todo o día, pero dada a case ausencia de observacións de libélulas, decidimos buscar lugares máis cálidos, e despois de comer unhas pizzas chairegas deliciosas da casa Rozas, fomos á procura de Brachytron pratense á Lagoa de Doniños.

Calopteryx inmaduro na Lagoa de Cospeito
Foi unha boa decisión! Xa que ao pouco de chegar xa estábamos observando varias especies e entre elas Brachytron. Foi un día moi entretido e agradable, observamos Calopteryx virgo, Calopteryx xanthostomaLestes dryas, Sympecma fusca, Coenagrion puella, Ischnura elegansEnallagma cyathigerum, Pyrrhosoma nymphula e Brachytron pratense.

Cópula de Brachytron pratense

Cópula de Brachytron pratense

Enallagma cyathigerum comendo


Libélulas en familia