27 jul 2011

Platycnemis latipes Rambur, 1842

Patexa branca Platycnemis latipes

Os adultos oscilan entre os 33-37 mm. A súa coloración é moi clara, xeralmente branca con marcas ou manchas negro mate, algúns tons brancos dos machos tenden ó azulado e o das femias tende aos laranxas. O abdome branco dos machos ten nos segmentos S7 a S9 unhas liñas paralelas negras lonxitudinais. Machos con ollos azulados e femias cos ollos lixeiramente alaranxados. O máis característico desta especie son as tíbias das patas do 2º e 3º par, con forma máis dilatada e aplanada que as outras especies, e non posúen raia (teñen forma de pluma).
Podémola observar principalmente en ríos e regatos con augas correntes e ampla vexetación de ribeira. Tamén a podemos atopar nos prados que acompañan aos cursos do ríos.


Platycnemis latipes macho. Friol, Lugo.

Platycnemis latipes macho, Lugo.
Platycnemis latipes macho. Outeiro de Rei, Lugo.

Platycnemis latipes femia. Mondariz, Pontevedra.

Platycnemis latipes femia. Outeiro de Rei, Lugo.
Platycnemis latipes femia. Mondariz, Pontevedra.


Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

23 jul 2011

Trithemis annulata (Palisot de Beauvais, 1807)

Nesta visita a Verín, Ourense o día 21 de xullo, tivemos a sorte de observar esta especie de coloración tan atractiva.
O macho é de cor púrpura metálica e ollos vermello escuro, con veas alares vermellas e amplas manchas amarela azafranadas na base das ás posteriores. Ten en xeral unha pruinosidade violeta máis ou menos extensa.
A femia é de cor amarela-marrón, con extensas manchas azafranadas na base das ás posteriores. Posúe dúas manchas negras nos segmentos abdominais 8º e 9º.

Fotos en Verín, Ourense.

Macho de Trithemis annulata

Macho de Trithemis annulata

Vista en detalle da coloración das ás e do corpo

Femia de Trithemis annulata



Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

16 jul 2011

Orthetrum brunneum (Fonscolombe, 1837)

Hai uns días tivemos a nova de que aparecera Orthetrum brunneum na zona de Casaio atopada por José Gándara e Rafael Estevez. Este fin de semana, durante os traballos de campo para a busca de hérpetos, puidemos observar uns vinte exemplares desta especie. Esta observación constitúe unha nova cuadrícula de 10x10 km, xa que se sitúa ó norte da comarca de Valdeorras (Casaio sitúase ó sueste).

Orthetrum brunneum é unha especie escasa en Galicia, onde se ten citada na Guarda (sobre o 1920) e actualmente, en Caldas, Casaio e esta que referenciamos agora. A nivel ibérico a especie é escasa na metade occidental sendo relativamente abundante no levante.

Detalle do Rspl

Comparándoa con outras especies do mesmo xénero, distínguese de O. cancellatum en que esta ten a parte final do abdome de cor negra sendo en O. brunneum e O. coerulescens totalmente azul. Por outra banda, O. brunneum ten a cara azul claro e O. coerulescens é marrón ou marrón claro.


Fotografías de Martiño Cabana e Pepe das Pedras.