18 mar 2014

Anax parthenope (Selys, 1839)

Libeliña grande aínda que un pouco máis miúda que A. imperator. É de cores apagadas, sobre as que destacan os ollos de verde intenso, o anel basal amarelo en S1  e nos machos a “sela”( S1 e parte de S2) de cor azul ciano.
Outra característica que a pode diferenciar de A.imperator é a posición recta do abdome en voo.

Macho. A Limia.

Macho. Terra Cha.

Sela de cor azul e tórax característico de A. parthenope

Macho en voo



4 mar 2014

Aeshna mixta Latreille, 1805

Esta libeliña de outono ten unha cor xeral en mosaico con marrón, azul e amarelo.
Os machos teñen os ollos azuis na parte superior e marrón na base. Máculas dobres da mesma cor en cada segmento abdominal. Tórax marrón e amarelo (ou amarelo verdoso) onde unha das características que a diferencian de A. juncea son as antehumerais de pequeno tamaño de cor amarelo. No S2 presenta unha mancha amarela en forma de copa.
Femia con ollos escuros e corpo marrón coas máculas amarelas. Apéndices anais moi longos e estreitos.

Macho

Macho inmaduro

Macho

Cópula




3 mar 2014

Aeshna juncea (Linnaeus, 1758)

É unha das Aeshna máis grandes. Os machos teñen os ollos azuis e as femias téñenos parduscos. Na fronte teñen unha grosa marca en forma de T. Bandas antehumerais amarelas estreitas e alongadas. O tórax é marrón escuro con dúas extensas bandas amarelas en cada lado que as veces presentan un ton azulado nos extremos superiores. Os machos presentan un estreitamento no abdome no S3.
En Galicia podémola observar nas zonas de montaña de Ancares, Macizo Central e Trevinca.

Cópula. Fotografía de Anxos Romeo en Trevinca

Macho. Tóraz e abdome. Fotografía de Martiño Cabana

Antehumerais e deseño da T na fronte. Fotografía de Martiño Cabana


Podedes atopar información sobre esta especie en Galicia neste artigo:
Primeras citas de Lestes sponsa y nuevas observaciones de Aeshna juncea (Odonata) en Galicia