Mostrando entradas con la etiqueta SYMSTR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SYMSTR. Mostrar todas las entradas

30 dic 2016

Sympetrum striolatum, as últimas libeliñas observadas no 2016

Onte 29 de decembro en Ourense observamos en varias zonas da Limia máis dunha ducia de exemplares de Sympetrum striolatum. Foi unha boa forma de despedir o ano!

Sympetrum striolatum femia
Macho
Femia de Sympetrum striolatum
Femia de Sympetrum striolatum





30 jun 2015

Sympetrum striolatum (Charpentier, 1840)

Sympetrum striolatum é unha das Sympetrum máis grandes. Na observación en campo os machos distínguense ben  porque a súa cor nunca chega a ser un vermello intenso coma nas outras especies. Patas negras con liña amarela ó longo das tibias e os fémures. A extensión negra da base da fronte non se prolonga ó longo dos ollos  cara abaixo. De cerca podemos observar nos exemplares que non sexan avellentados as marcas amarelas destacables nos costados do tórax.

Macho de Sympetrum striolatum

Macho

Macho

Femia inmadura
z
Macho inmaduro

Cópula