Mostrando entradas con la etiqueta TRIKIR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TRIKIR. Mostrar todas las entradas

29 ago 2016

Trithemis kirbyi (Selys, 1891)

Esta libeliña de cor laranxa e vermella parece voando unha bolboreta, pero ó observala pousada resulta un dos odonatos máis fermosos da Península Ibérica.

Fotografías de Trithemis kirbyi en Cataluña.


Máis pequena que Trithemis annulata. Ten menos marcas negras: destácalle principalmente a marca negra do S9 e o pequeno pterostigma negro. Patas pouco negras de cor especialmente vermella nas tibias.
Podería confundirse cunha Crocothemis erythraea, pero diferéncianse claramente pois C. erythraea é de maior tamaño, ten menos laranxa nas ás, e ten un pterostigma longo e pálido.

Trithemis kirbyi macho



Trithemis kirbyi femia

Femia de Trithemis kirbyi

Femia de Trithemis kirbyi

Macho de Trithemis kirbyi

Macho de Trithemis kirbyi