21 ago 2014

Onychogomphus forcipatus (Charpentier, 1840)

Odonato de cor amarela e negra e ollos verdosos.
As liñas negras da parte cenital do tórax forman unha dobre O, posto que as manchas antehumerais están unidas á liña central.
O macho ten o apéndice anal inferior rematado cuns dentes pequenos e punzantes e os da parte superior ás veces son escuros.
Posúe normalmente un triángulo anal con 3 celas.
Na parte frontal da cabeza podemos observar unha mancha amarela no vértex. Temos unha boa descrición deste feito no apartado desta especie no Atlas de Odonatos de Extremadura, que está publicado en Pdf.
Segundo K.-D. Dijkstra (Guía de campo das Libélulas de España e Europa) existen tres subespecies en Europa: forcipatus, unguiculatus e albotibialis. Para diferencialas, soamente sería fiable identificalas examinando os apéndices de varios machos en vista lateral.


Fotos de machos, Verín 2013.




Baixo Miño 2014


 
Debuxo do tórax

Estas fotos van especialmente dedicadas a Martiño Cabana pola captura deste exemplar fotografado para indicar as partes relevantes na identificación deste odonato. Posteriormente o exemplar pousouse na rama máis alta da Acacia dealbata próxima a nos.

A esta especie gústanlle os hábitat de ríos ou regatos rochosos ou de remansos soleados con augas ben osixenadas.

Baixo Miño

Río Támega


Recomendamos utilizar os seguintes libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Guía de campo das Libélulas de España e Europa. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

20 ago 2014

Libellula depresa (Linnaeus, 1758)

Sempre que nos atopamos con esta libélula vémola moi robusta, pois ten o abdome moi ancho e aplanado. Posúe grandes manchas marrón escuro na base das catro ás, en forma de barras nas ás dianteiras e triangulares nas traseiras. Os machos e as femias teñen manchas antehumerais anchas, branquexas e longas. O tórax e os ollos son marróns e o pterostigma negro.
O macho reluce e nunca pasa desapercibido co seu abdome azul celeste brillante con máculas amarelas nos bordos. Teñen o último segmento e apéndices anais negros. O macho cando é inmaturo ten unha cor ocre laranxa.
A femia é dunha cor discreta marrón verdosa con máculas amarelas grandes nos laterais do abdome.
Voan con moita rapidez sobre todo tipo de  augas estancadas e soleadas e sobre tramos de ríos moi calmos.

Macho



Macho

Femia
Femia




Recomendamos utilizar os seguintes libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Guía de campo das Libélulas de España e Europa. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941




27 jul 2014

Crocothemis erytraea (Brullé, 1832)

Esta libeliña africana está moi situada  por Galicia, é moi frecuente vela en canto aparecen as temperaturas do verán voando polas charcas, encoros ou nos remansos asolados dos ríos.
Ten un abdome aplanado cunha liña negra lonxitudinal as veces non perceptible en voo. As ás son hialinas cunhas manchas azafranadas na base das ás posteriores.
O máis destacable é a cor vermella-escarlata escintilante do macho.
A femia presenta tons marróns amarelados con manchas antehumerais pálidas estreitas.
Por non ter presenza de negro nas patas, cabeza e tórax, é fácil diferenciala de outras especies.

Femia

Femia

Macho

Macho

Macho



18 mar 2014

Anax parthenope (Selys, 1839)

Libeliña grande aínda que un pouco máis miúda que A. imperator. É de cores apagadas, sobre as que destacan os ollos de verde intenso, o anel basal amarelo en S1  e nos machos a “sela”( S1 e parte de S2) de cor azul ciano.
Outra característica que a pode diferenciar de A.imperator é a posición recta do abdome en voo.

Macho. A Limia.

Macho. Terra Cha.

Sela de cor azul e tórax característico de A. parthenope

Macho en voo



4 mar 2014

Aeshna mixta Latreille, 1805

Esta libeliña de outono ten unha cor xeral en mosaico con marrón, azul e amarelo.
Os machos teñen os ollos azuis na parte superior e marrón na base. Máculas dobres da mesma cor en cada segmento abdominal. Tórax marrón e amarelo (ou amarelo verdoso) onde unha das características que a diferencian de A. juncea son as antehumerais de pequeno tamaño de cor amarelo. No S2 presenta unha mancha amarela en forma de copa.
Femia con ollos escuros e corpo marrón coas máculas amarelas. Apéndices anais moi longos e estreitos.

Macho

Macho inmaduro

Macho

Cópula




3 mar 2014

Aeshna juncea (Linnaeus, 1758)

É unha das Aeshna máis grandes. Os machos teñen os ollos azuis e as femias téñenos parduscos. Na fronte teñen unha grosa marca en forma de T. Bandas antehumerais amarelas estreitas e alongadas. O tórax é marrón escuro con dúas extensas bandas amarelas en cada lado que as veces presentan un ton azulado nos extremos superiores. Os machos presentan un estreitamento no abdome no S3.
En Galicia podémola observar nas zonas de montaña de Ancares, Macizo Central e Trevinca.

Cópula. Fotografía de Anxos Romeo en Trevinca

Macho. Tóraz e abdome. Fotografía de Martiño Cabana

Antehumerais e deseño da T na fronte. Fotografía de Martiño Cabana


Podedes atopar información sobre esta especie en Galicia neste artigo:
Primeras citas de Lestes sponsa y nuevas observaciones de Aeshna juncea (Odonata) en Galicia