3 mar 2015

A xeometría está en todo

A Xeometría é unha parte das matemáticas que é responsable de estudar as propiedades e accións de figuras xeométricas no plano ou espazo.
Se observamos ao ambiente que nos rodea podemos percibir as relacións xeométricas abstractas que estudamos nunha parte das matemáticas, comprobando que a xeometría esta en todas partes. Por isto podemos dicir que a xeometría  está presente moi concretamente na natureza e nas nosas vidas.

O robot libélula azul é un bo exemplo da utilización da xeometría para a creación dun drone alado. Neste vídeo de Festo Bionic podedes observar o incrible deseño dunha libélula automatizada.
Festo é unha empresa familiar independente líder mundial en tecnoloxía de automatización.



Neste outro vídeo de Cristóbal Vila podedes ver máis relacións entre xeometría e natureza, principalmente ao final do vídeo onde observaremos unhas imaxes inspiradas no movemento dunha libélula.