26 mar 2018

Orthetrum trinacria (Selys, 1841)

Este fermoso odonato  é o de maior tamaño do xénero Orthetrum. Posúe uns grandes ollos azulados e un aparello bucal bastante desenvolvido. Varía de cores amarelas a parduscas, os machos maduros conseguen unha pruinosidade azulada escura moi atractiva.
Contemplámola normalmente repousada na vexetación da marxe das charcas ou voando enerxicamente para patrullar o seu territorio.

Fotos realizadas no sur da Península Ibérica en xullo e agosto do 2014 e 2017.

Femia comendo unha Trithemis annulata no sur de Andalucía, agosto 2017

Téneral no sur de Andalucía, agosto 2017

Macho fotografado en Extremadura, xullo 2014

Macho fotografado no sur de Portugal, xullo 2014

25 mar 2018

Orthetrum nitidinerve (Selys, 1841)

Grazas a grata compañía de Jose M. Gaona que nos ensinou o Orthetrum nitidinerve, puidemos fotografar este exemplar no sur de Andalucía, en agosto de 2017.