Este fermoso odonato é o de maior tamaño do xénero Orthetrum. Posúe uns grandes ollos azulados e un aparello bucal bastante desenvolvido. Varía de cores amarelas a parduscas, os machos maduros conseguen unha pruinosidade azulada escura moi atractiva.
Contemplámola normalmente repousada na vexetación da marxe das charcas ou voando enerxicamente para patrullar o seu territorio.
Fotos realizadas no sur da Península Ibérica en xullo e agosto do 2014 e 2017.
|
Femia comendo unha Trithemis annulata no sur de Andalucía, agosto 2017 |
|
Téneral no sur de Andalucía, agosto 2017 |
|
Macho fotografado en Extremadura, xullo 2014 |
|
Macho fotografado no sur de Portugal, xullo 2014 |