21 dic. 2013

Aeshna cyanea (Müler, 1764)



É un dos Aeshnidos máis grandes. Posúe grandes manchas antehumerais verdes e apéndices anais moi estreitos.
Macho de abdome escuro e curvado lixeiramente cara abaixo, con máculas verdes  excepto nos últimos segmentos que son azuis. Ollos azul claro na parte superior e verdes na inferior.
Femia marrón con máculas verdes. Ollos escuros.

Antehumerais de Aeshna cyanea macho

Femia ovopositando

Téneral

Macho

Detalle dos últimos segmentos azuis nos machos

15 dic. 2013

Ischnura elegans (Vander Linden, 1820)

Especie que posúe unha gran variabilidade en formas e cores nos seus estados inmaturos, e sobre todo as femias.
O macho ten o S8 azul e o Pterostigma bicolor nas ás anteriores e transparente nas posteriores. Posúe unha proxección en forma de gancho na parte posterior do pronoto que se eleva cara arriba formando unha prominente espiña negra visible a primeira ollada, e moi visible lateralmente.

Gancho no pronoto

Macho

Macho






14 dic. 2013

Ischnura pumilio (Charpentier, 1825)

Para diferencialo doutros machos Ischnura, temos que ver se o S9 é totalmente azul, xunto co S8 que é parcialmente azul. Pterostigma bicolor, grande e redondeado.






9 dic. 2013

Enallagma cyathigerum (Charpentier, 1840)

Esta especie destaca pola súa cor azul celeste con manchas negras.
Nos machos os segmentos 8 e 9 son completamente azuis. A súa principal característica radica na mancha negra no S2 que ten forma de cogomelo ou paraugas.
A femia soe ser azul celeste, pero tamén a podemos atopar en forma verdosa  con manchas lanceoladas negras en todos os segmentos abdominais, menos no S8 que a mancha é triangular.










8 dic. 2013

Ceriagrion tenellum (Villers, 1789)

Zygoptero pequeno e delicado de cor xeral vermella.
Macho de cor vermella clara, excepto o tórax e a cabeza que son verde case negro. Ollos vermellos.
Femia vermella con ollos avermellados e con maior ou menor cantidade do abdome cuberto de negro, segundo a subespecie.

Macho de Ceriagrion tenellum








1 dic. 2013

Lestes viridis (Vander linden, 1825)

Lestes viridis, é o máis grande dos léstidos galegos. Pterostigmas alongados pardos algo alaranxados. Presenta unha coloración xeral verde metalizada, distínguese polo seu destacable debuxo en punta  sobre o costado torácico, baixo a sutura interpleural.

Femia ovopositando

Debuxo en punta sobre o costado

Tándem

Téneral femia

Macho


Vídeo da posta en solitario e en tándem de Lestes viridis.


Lestes viridis ovopositando from Anxos Romeo on Vimeo.

27 oct. 2013

Coenagrion puella (Linnaeus, 1756)

Coenagrion puella ten unha cor xeral azul e negra. Ollos azuis coa zona superior negra.
A característica principal no macho é o debuxo no S2 en forma de U cuxa base non toca o anel entre S2 e S3. Ten liñas negras estendidas a ambos os dous lados do abdome dende S2 a S6. Apéndices anais separados e curvados cara a dentro.
Femia normalmente verde,  pro existe unha forma azul celeste.

Macho

Tándem




Posta en tándem

Posta en tándem

Tándem

29 sept. 2013

Coenagrion scitulum (Rambur, 1842)

É o cabaliño máis pequeno do xénero Coenagrion.
Destacan a súas manchas postoculares azuis ben visibles e unha mancha negra en S2 con forma de "cabeza de gato". Marcas negras na súa metade de S3 a S5, e mancha totalmente negra de S6 a S7. Apéndices anais moi curtos e con forte incurvación cara a dentro. Pterostigma escuro de forma rectangular.
Femia azul celeste con manchas negras en forma de torpedo que nunca completan os segmentos abdominais.