29 ago 2016

Trithemis kirbyi (Selys, 1891)

Esta libeliña de cor laranxa e vermella parece voando unha bolboreta, pero ó observala pousada resulta un dos odonatos máis fermosos da Península Ibérica.

Fotografías de Trithemis kirbyi en Cataluña.


Máis pequena que Trithemis annulata. Ten menos marcas negras: destácalle principalmente a marca negra do S9 e o pequeno pterostigma negro. Patas pouco negras de cor especialmente vermella nas tibias.
Podería confundirse cunha Crocothemis erythraea, pero diferéncianse claramente pois C. erythraea é de maior tamaño, ten menos laranxa nas ás, e ten un pterostigma longo e pálido.

Trithemis kirbyi macho



Trithemis kirbyi femia

Femia de Trithemis kirbyi

Femia de Trithemis kirbyi

Macho de Trithemis kirbyi

Macho de Trithemis kirbyi






27 ago 2016

Calopteryx splendens (Harris, 1782)

Na viaxe que realizamos este agosto por zonas de Francia e Alemaña, observamos moitísimos Calopteryx splendens, pero non teño ningunha foto adecuada deles. Noutra viaxe intentarei fotografalos mellor.


Fotografias de Martiño Cabana
Macho fotografado por Martiño Cabana en Alemaña

Macho fotografado por Martiño Cabana en Francia

25 ago 2016

Libellula fulva (Müller, 1764)

Fotografías realizadas nos Pirineos Franceses.

Macho

Leucorrhinia dubia (Vander Linden, 1825)

Fotos realizadas na Bassa d´Oles, Porta de Bonaigua e Pla de Beret.

Cópula Leucorrhinia dubia

Femia

Macho

Macho Leucorrhinia dubia

Macho



24 ago 2016

Viaxe ó Val de Arán. Simposio de Odonatoloxía en Vielha (xullo, 2016)

Dentro dos actos do 1º Memorial Toni Estany, participamos no Simposio de Odonatoloxía celebrado en Vielha os días 15, 16 e 17 de xullo.
Tanto na viaxe de ida e volta a Vielha como nas excursións realizadas no Val de Arán puidemos observar por primeira vez varias das especies de libélulas ibéricas que nos quedaban por ver e fotografar.
Queremos agradecerlles a  José Gándara e María González Hitos, a invitación a participar no simposio e a súa grata compañía xunto coa de Ramsés e Carmen, así como a de tódolos compañeiros odonatólogos e fotógrafos cos que puidemos disfrutar das paisaxes, lagoas e libeliñas aranesas.
Tamén queremos con esta entrada facer un pequeno homenaxe a Toni Estany, magnífico fotógrafo aranés entusiasta de captar fermosísimas imaxes de libélulas.

Fotos realizadas durante as excursións a Bassa d´Oles, Porta de Bonaigua, Pla de Beret e Gard.
Cordulia aenea macho
Cordulia aenea ten  fronte oscura e ollos espectáculares
Aeshna juncia macho
Aeshna juncia inmaduro



Cordulegaster boltonii
Cordulegaster boltonii femia
Cordulegaster boltonii macho


Cordulegaster bidentata fotografía de Martiño Cabana


Cópula de Leucorrhinia dubia
Leucorrhinia dubia femia

Leucorrhinia dubia macho

Leucorrhinia dubia

Libellula depressa femia


Libellula quadrimaculata macho


Libellula fulva macho
Libellula fulva macho
Platycnemis pennipes cópula
Platycnipenemis pennipes femia
Platycnemis pennipes femia androcroma
Platycnemis pennipes macho
Platycnemis pennipes macho
Sympetrum flaveolum femia



 Fotografías observando libeliñas

Gándara, Martiño e eu fotografados por Ramsés 
Cordulia aenea macho, fotografía de José Gándara
Fotografía de José Gándara á C. boltonii femia

José Gándara e Martiño Cabana coa femia de C. boltonii que se lle pousou a Martiño no pantalón e  non o quería abandonar 
 
José Gándara, foto de Martiño
Ramsés Pérez subido nunha árbore para fotografar unha Cordulia
Ramsés Pérez tomando fotos do grupo

Fotografía realizada por Ramsés na charca cerca da Bassa d´Oles






23 ago 2016

Cordulia aenea (Linnaeus, 1758)

Impresionante libeliña de corpo peludo, metálico e escuro, algo broncíneo as veces. Destácalle o tórax con peluxe, e o abdome onde ten unha forma máis grosa coma de maza no S7-8. Na zona da fronte non posúe zonas amarelas.

Fotografías dun macho no Val de Arán 2016

Cordulia aenea de torax peludo
Cordulia aenea macho
Cordulia aenea macho