7 ago. 2016

Orthetrum chysostigma (Burmeister, 1839)

Na pequena viaxe ao sur de Portugal no verán do 2014 observamos varias das libeliñas que voan na península. Na zona central do Parque Natural do Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina de Portugal fotografamos un macho e varias cópulas de Orthetrum chysostigma.
Os seus principais trazos son: abdome bastante esvelto con cintura entre S3 e S4 e tórax cunha franxa branca bordeada de negro detrás da base das ás anteriores.

Macho

Cópula

Cópula


Característica da franxa branca no tórax.