De camiño á Val d’Arán, xunto con Jose Gándara, Carmen e Ramsés Pérez, paramos a dar unha volta por Quintanilla del Agua con Alfonso Antón para poder observar algunha libeliña. Entre outras especies, como Calopteryx xanthostoma, Platycnemis acutipennis e Platycnemis latipes, tivemos a sorte de observar un macho de Gomphus simillimus comendo un Calopteryx tranquilamente mentres nós o fotografamos sen parar, e Martiño o gravaba.
Breve vídeo realizado por Martiño Cabana.