Mostrando entradas con la etiqueta ANAEPH. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANAEPH. Mostrar todas las entradas

7 abr 2017

Anax ephippiger (Burmeister, 1839)

Hoxe na Lagoa de Doniños observei varios tándem de Anax ephippiger, pero principalmente no campo de fútbol, que todos os anos está cuberto de auga ata maio ou xuño, foi onde fotografei a estas fermosas libeliñas de cor area.

Abril 2017








6 abr 2017

Anax ephippiger (Burmeister, 1839)

Nunha visita a finais de outubro do 2016 á Lagoa de San Pedro de Muro,  xunto con José Gándara, fotografamos varios exemplares desta libélula.

Anax ephippiger apareándose



25 abr 2011

Anax ephippiger (Burmeister, 1839)

O adulto é lixeiramente máis pequeno que o resto dos Anax. Ten unha coloración xeral parda dourada con un característico ton azul no dorso do S2. Ollos marróns coa parte inferior amarelenta. Pterostigmas rectangulares, de gran tamaño e alaranxados.

Fotos de Oimbra-Verín

Anax ephippiger, macho
Anax ephippiger, macho
Anax ephippiger, posta en tándem.



Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941