21 ago 2014

Onychogomphus forcipatus (Charpentier, 1840)

Odonato de cor amarela e negra e ollos verdosos.
As liñas negras da parte cenital do tórax forman unha dobre O, posto que as manchas antehumerais están unidas á liña central.
O macho ten o apéndice anal inferior rematado cuns dentes pequenos e punzantes e os da parte superior ás veces son escuros.
Posúe normalmente un triángulo anal con 3 celas.
Na parte frontal da cabeza podemos observar unha mancha amarela no vértex. Temos unha boa descrición deste feito no apartado desta especie no Atlas de Odonatos de Extremadura, que está publicado en Pdf.
Segundo K.-D. Dijkstra (Guía de campo das Libélulas de España e Europa) existen tres subespecies en Europa: forcipatus, unguiculatus e albotibialis. Para diferencialas, soamente sería fiable identificalas examinando os apéndices de varios machos en vista lateral.


Fotos de machos, Verín 2013.




Baixo Miño 2014


 
Debuxo do tórax

Estas fotos van especialmente dedicadas a Martiño Cabana pola captura deste exemplar fotografado para indicar as partes relevantes na identificación deste odonato. Posteriormente o exemplar pousouse na rama máis alta da Acacia dealbata próxima a nos.

A esta especie gústanlle os hábitat de ríos ou regatos rochosos ou de remansos soleados con augas ben osixenadas.

Baixo Miño

Río Támega


Recomendamos utilizar os seguintes libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Guía de campo das Libélulas de España e Europa. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

20 ago 2014

Libellula depresa (Linnaeus, 1758)

Sempre que nos atopamos con esta libélula vémola moi robusta, pois ten o abdome moi ancho e aplanado. Posúe grandes manchas marrón escuro na base das catro ás, en forma de barras nas ás dianteiras e triangulares nas traseiras. Os machos e as femias teñen manchas antehumerais anchas, branquexas e longas. O tórax e os ollos son marróns e o pterostigma negro.
O macho reluce e nunca pasa desapercibido co seu abdome azul celeste brillante con máculas amarelas nos bordos. Teñen o último segmento e apéndices anais negros. O macho cando é inmaturo ten unha cor ocre laranxa.
A femia é dunha cor discreta marrón verdosa con máculas amarelas grandes nos laterais do abdome.
Voan con moita rapidez sobre todo tipo de  augas estancadas e soleadas e sobre tramos de ríos moi calmos.

Macho



Macho

Femia
Femia




Recomendamos utilizar os seguintes libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Guía de campo das Libélulas de España e Europa. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941