Odonato de cor amarela e negra e ollos verdosos.
As liñas negras da parte cenital do tórax forman unha dobre O, posto que as manchas antehumerais están unidas á liña central.
As liñas negras da parte cenital do tórax forman unha dobre O, posto que as manchas antehumerais están unidas á liña central.
O macho ten o apéndice anal inferior rematado cuns dentes pequenos e punzantes e os da parte superior ás veces son escuros.
Posúe normalmente un triángulo anal con 3 celas.
Na parte frontal da cabeza podemos observar unha mancha amarela no vértex. Temos unha boa descrición deste feito no apartado desta especie no Atlas de Odonatos de Extremadura, que está publicado en Pdf.
Segundo K.-D. Dijkstra (Guía de campo das Libélulas de España e Europa) existen tres subespecies en Europa: forcipatus, unguiculatus e albotibialis. Para diferencialas, soamente sería fiable identificalas examinando os apéndices de varios machos en vista lateral.
Fotos de machos, Verín 2013.
Baixo Miño 2014
A esta especie gústanlle os hábitat de ríos ou regatos rochosos ou de remansos soleados con augas ben osixenadas.
Baixo Miño |
Río Támega Recomendamos utilizar os seguintes libros e guías de consulta: Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8 Guía de campo das Libélulas de España e Europa. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941 |