17 abr 2017

Viaxe a Costa Nova e Lagoa de Mira, Portugal



Nesta viaxe de catro días por Galicia e norte de Portugal, visitamos O Grove, Tomiño,  Costa Nova, Lagoa de Mira, Lagoa da Vela, Aveiro, Lindoso e Serra do Gerês, e Veiga de Ponteliñares, en total pese a non estar nunha época boa de calor observamos 16 especies de libeliñas:

Calopteryx xanthostoma, Sympecma fuscaCoenagrion mercuriale, Enallagma cyathigerum, Erythromma lindenii,  Ischnura graellsii, Pyrrhosoma nymphula, Aeshna isoceles, Anax imperator, Brachytron pratense, Gomphus simillimusCrocothemis erythraea, Libellula quadrimaculata, Libellula fulva, Orthetrum cancellatumSympetrum fonscolombei.

Fotografías no Grove, Lagoa de Mira e Veiga de Ponteliñares. 
Abril 2017


Brachytron pratense cópula

Libellula fulva macho en Portugal

Libellula fulva macho en Portugal

Libellula fulva femia en Portugal

Gomphus simillimus macho en Portugal



"Sou como você me vê.
Posso ser leve como uma brisa ou forte como uma ventania,
Depende de quando e como você me vê passar."
Fragmento poema de Clarice Lispector

Coenagrion mercuriale macho

Sympecma fusca



Foi imposible fotografar de cerca a
Aeshna isoceles en Portugal, era imposible achegarse a ela, esta foi unha das poucas fotos que conseguín.










7 abr 2017

Anax ephippiger (Burmeister, 1839)

Hoxe na Lagoa de Doniños observei varios tándem de Anax ephippiger, pero principalmente no campo de fútbol, que todos os anos está cuberto de auga ata maio ou xuño, foi onde fotografei a estas fermosas libeliñas de cor area.

Abril 2017








6 abr 2017

Anax ephippiger (Burmeister, 1839)

Nunha visita a finais de outubro do 2016 á Lagoa de San Pedro de Muro,  xunto con José Gándara, fotografamos varios exemplares desta libélula.

Anax ephippiger apareándose