30 ene 2011

Sympetrum pedemontanum

Fotos do norte de Italia. Xullo 2010





Ischnura graellsii

Especie de pequeno tamaño, a máis pequena do xénero Ischnura, os adultos miden entre 26 e 31 mm. A coloración xeral é negra e azul, ainda que existen diferentes morfotipos. Ollos azuis coa parte superior negra; tórax con dorso negro, e costados azulados con bandas negras; abdome coa cara superior totalmente negra excepto no S8 e parte do S9 que é azul. O pterostigma é romboidal e bicolor en negro e branco. As femias presentan varias formas de coloración: con coloración similar os machos, que son as femias andromorfas; e as femias heteromorfas, que poden ser tipo infuscans e tipo aurantiaca.

Macho

Femia aurantiaca. Mesía.

Femia aurantiaca. Mesía.

Cópula de Ischnura graellsii

Hábitat

Pode estar presente tanto en hábitats acuáticos estancados como cerca de ríos de pouco caudal. Necesita vexetación acuática e emerxente para realizar as súas postas. Tolera augas de pouca calidade.


Barreira. Guitiriz

Barreira. Guitiriz




Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941



29 ene 2011

Cordulegaster boltonii

É unha libeliña fácil de distinguir. Trátase dunha especie de grandes medidas, de até 80 mm de lonxitude e 90 mm de envergadura. A súa cor de fondo é negra con marcas amarelas moi acusadas na fronte e labro, e con bandas laterais igualmente amarelas nos segmentos torácicos e abdominais. A extensión das manchas amarelas do abdome é bastante variable. Os ollos son dunha cor verde rechamante. Estas características fan que e na península se lle chame “libélula tigre”. Voa de xuño a principios de outubro. É característico o voo baixo e oscilante dos machos, que soen estar cerca de regatos e ríos pequenos; atópanse a miúdo pousados sobre a vexetación de ribeira, poden chegar a ser extremadamente confiados. As ás son estreitas e alongadas, coa vena costal de cor amarela e o pterostigma negro, longo e estreito; os machos presentan un triángulo anal con 5 celas. As femias fan a posta directamente a través da auga sobre o fondo de limo ou area.

Fotografías agosto-setembro 2010

Cordulegaster boltonii. Abadín.

Cordulegaster boltonii. Courel.


Cordulegaster boltonii. Cenza.
Cordulegaster boltonii macho

Hábitat

Gústanlle as canles estreitas, regatos, ríos pequenos e corgas primaverais de montaña, de augas ben osixenadas e claras. As larvas viven nas augas dos ríos e regatos de corrente rápida.

Regato do Río Lor. Seoane. O Courel.

22 ene 2011

Onychogomphus uncatus

Esta especie pertence á familia Gomphidae. É unha libélula de tamaño considerable (entre os 50 e os 53 mm) que podemos atopar en zonas onde hai augas frescas e ben osixenadas. Posúe uns ollos cor turquesa, moi separados lateralmente, patas negras con liñas amarelas e tórax tamén amarelo con presenza de bandas anchas negras nas suturas. Os machos posúen uns apéndices en forma de gancho, sendo os da femia delgados, prolongados e converxentes. O pterostigma é negro e alongado. Está considerada como especie vulnerable no Libro Vermello dos Invertebrados de España.

Macho de uncatus. Silleda 2010


Femia de uncatus. Mondoñedo 2010


Macho de uncatus. Mondoñedo 2010


Macho de uncatus. Río Parga 2010


Hábitat:
Frecuentan ríos e regatos de auga limpa e corrente rápida, e zanfonean por camiños e pedras para cazar e tomar o sol.

Ponte Viloalle, Mondoñedo 2010

Río Parga, Guitiriz 2010

Vídeo Odonatos xullo 2010

As imaxes coas que se realizou este vídeo foron tomadas en: Parga, Guitiriz; Tarbes; Bourg-St-Maurice, Alpes; Vestigne, Torino; Cigiano Vercelli; Tortona, Alessandría; de Castelnuovo a Massa; Alpes Apuanos; Florencia; Pontebernardo, Pietraporzio; Larche, Alpes de Haute-Provence; Fontaine de Vancluse; Arles; Parc Naturel de Camargue; Carcassonne e regreso a Trevinca, Galiza.

Odonatos Viaxe Francia e Italia Xullo 2010 from Anxos Romeo on Vimeo.

9 ene 2011

Calopteryx virgo (Linnaeus, 1758)

Ainda que as veces poden estar lonxe, atopámolos sempre nas ribeiras dos ríos. Como en todas as especies de odonatos existe un marcado dimorfismo sexual que se manifesta en coloracións diferentes para cada sexo. Os machos son os máis rechamantes, destacando as súas cores azuis metálicas, e as femias son dunha cor marrón verdoso e aspecto metálico no corpo. Os machos non posúen pterostigma nas ás, pero as femias si posúen un pseudopterostigma branco. A lonxitude dos Calopteryx virgo soe estar entre os 45-50mm.

Fotografías:
Río Parga, Guitiriz.
Abadín. O Valadouro. Xullo 2010


Calopteryx virgo Macho


Calopteryx virgo Femia


Macho

Femia ovopositando nun lateral do Río Parga


Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

7 ene 2011

Coenagrion mercuriale

Coenagrion mercuriale, é unha especie de odonato da familia Coenagrionidae, sendo o seu tamaño dos máis pequenos do xénero Coenagrion, dende 19-27 en femias e 21-27 en machos (abdome (mm)); co corpo máis ou menos fino e patas e abdome curto. Teñen a cabeza alongada transversalmente e os ollos separados. Os machos son azuis, teñen na parte posterior do segundo segmento un pequeniño debuxo negro en forma de copa, as femias son normalmente verdosas e teñen o abdome case completamente negro dorsalmente. Os adultos inmaduros polo xeral son máis pálidos, de cor castaña claro con liñas ou manchas esbrancuxadas. As ás son angostas, ambos os pares con forma e veación similares.

Macho

Inmaduro

Esta especie ten preferencia por hábitats de auga limpa, normalmente vive en cursos de auga de pequenas dimensións, asollados e con vexetación emerxente ben desenvolvida, arroios ou canles de rega entre prados, e regatos pouco caudalosos.


Hábitat regato Río Batán

Coenagrion mercuriale

Abadín. Agosto 2010


Coenagrion mercuriale femia


Coenagrion mercuriale macho


Coenagrion mercuriale en tandem


Coenagrion mercuriale en tandem





6 ene 2011

Pyrrhosoma nymphula

Río Parga. Guitiriz. Xullo 2010


Pyrrhosoma nymphula macho




Pyrrhosoma nymphula
femia



Pyrrhosoma nymphula tandem en posta


Pyrrhosoma nymphula tandem


Pyrrhosoma nymphula posta en tandem