É unha libeliña fácil de distinguir. Trátase dunha especie de grandes medidas, de até 80 mm de lonxitude e 90 mm de envergadura. A súa cor de fondo é negra con marcas amarelas moi acusadas na fronte e labro, e con bandas laterais igualmente amarelas nos segmentos torácicos e abdominais. A extensión das manchas amarelas do abdome é bastante variable. Os ollos son dunha cor verde rechamante. Estas características fan que e na península se lle chame “libélula tigre”. Voa de xuño a principios de outubro. É característico o voo baixo e oscilante dos machos, que soen estar cerca de regatos e ríos pequenos; atópanse a miúdo pousados sobre a vexetación de ribeira, poden chegar a ser extremadamente confiados. As ás son estreitas e alongadas, coa vena costal de cor amarela e o pterostigma negro, longo e estreito; os machos presentan un triángulo anal con 5 celas. As femias fan a posta directamente a través da auga sobre o fondo de limo ou area.
Fotografías agosto-setembro 2010
Cordulegaster boltonii macho