30 ene. 2011

Ischnura graellsii

Especie de pequeno tamaño, a máis pequena do xénero Ischnura, os adultos miden entre 26 e 31 mm. A coloración xeral é negra e azul, ainda que existen diferentes morfotipos. Ollos azuis coa parte superior negra; tórax con dorso negro, e costados azulados con bandas negras; abdome coa cara superior totalmente negra excepto no S8 e parte do S9 que é azul. O pterostigma é romboidal e bicolor en negro e branco. As femias presentan varias formas de coloración: con coloración similar os machos, que son as femias andromorfas; e as femias heteromorfas, que poden ser tipo infuscans e tipo aurantiaca.

Macho

Femia aurantiaca. Mesía.

Femia aurantiaca. Mesía.

Cópula de Ischnura graellsii

Hábitat

Pode estar presente tanto en hábitats acuáticos estancados como cerca de ríos de pouco caudal. Necesita vexetación acuática e emerxente para realizar as súas postas. Tolera augas de pouca calidade.


Barreira. Guitiriz

Barreira. Guitiriz




Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941