Esta especie pertence á familia Gomphidae. É unha libélula de tamaño considerable (entre os 50 e os 53 mm) que podemos atopar en zonas onde hai augas frescas e ben osixenadas. Posúe uns ollos cor turquesa, moi separados lateralmente, patas negras con liñas amarelas e tórax tamén amarelo con presenza de bandas anchas negras nas suturas. Os machos posúen uns apéndices en forma de gancho, sendo os da femia delgados, prolongados e converxentes. O pterostigma é negro e alongado. Está considerada como especie vulnerable no Libro Vermello dos Invertebrados de España.
Hábitat:
Frecuentan ríos e regatos de auga limpa e corrente rápida, e zanfonean por camiños e pedras para cazar e tomar o sol.