Mostrando entradas con la etiqueta GOMSIM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GOMSIM. Mostrar todas las entradas

24 jul 2016

Gomphus simillimus comendo un Calopteryx en Burgos

De camiño á Val d’Arán,  xunto con Jose Gándara, Carmen e Ramsés Pérez, paramos a dar unha volta por Quintanilla del Agua con Alfonso Antón para poder observar algunha libeliña. Entre outras especies, como Calopteryx xanthostoma, Platycnemis acutipennis e Platycnemis latipes, tivemos a sorte de observar un macho de Gomphus simillimus comendo un Calopteryx tranquilamente mentres nós o fotografamos sen parar, e Martiño o gravaba.





Breve vídeo realizado por Martiño Cabana.

7 jul 2015

Gomphus simillimus Selys, 1840

Onte nunha pequena visita a zona de Pontevea e grazas a Jose Gandara,
estibemos gratamente acompañados de Damián Porto, Jorge Vilas e Toño Barbeito.
Grazas a eles observamos e fotografamos G. simillimus e M. splendens.


Macho de Gomphus simillimus

Gomphus simillimus Banda antehumeral amarela case do mesmo ancho que as franxas negras contiguas e moi destacadas. Lateral do tórax con liña negra bifurcada detrás do metastigma. Apéndices anais do macho con un só dente nos cercoides. Patas negras con liñas amarelas nos fémures e tibias.


Macho

Femia en Ourense no 2013 con fotografía da escama vulvaria.

Femia
Femia


Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941