24 ago 2019

Actividade "Libélulas da Terra Chá"


Nesta actividade de observación de libélulas, organizada por AGCT e a Deputación de Lugo,  na zona suroeste da Terra Chá, ao norte da cidade de Lugo, observamos moitos Gaiteiros, Donceliñas, Patexas, Libeliñas, Candís, Tizóns, Esmeraldas e Lavacús.
Aquí deixamos unhas pouquiñas fotos das máis interesantes.

Femia de Trithemis annulata

Femia de Trithemis annulata

Femia de Sympetrum sanguineum

Macho de Oxygastra curtisii



18 ago 2019

Odonatos nos Pirineos Orientais

Nesta breve visita ao Val de Arán, á Alta Cerdaña e ao Capcir, decidimos visitar de novo algúns puntos xa coñecidos como as fermosas lagoas do Lac des Bouillouses, pero tamén outros lugares novos na rexión de Occitania, principalmente na comarca de Capcir. Vimos un gran número de especies, pero as máis representativas foron Libellula fulva, Cordulegaster bidentata, Sympetrum pedemontanum, Sympetrum danae, Sympetrum flaveolum, Trithemis kirbyi, Aeshna grandis, Lestes sponsa e algunha Somatochlora dificilísima de fotografar.

Libellula fulva
Cordulegaster bidentata
Sympetrum pedemontanum
Sympetrum danae
Aeshna grandis
Aeshna grandis

21 jul 2019

Sympetrum flaveolum

Trevinca. Tablillas As Lagoas.
Logo dunha moi agradable e divertida estancia entre amigos no Trisquel, visitamos as lagoas de Tablillas e puidemos completar o día cunhas marabillosas observacións de Sympetrum flaveolum.

Macho noviño de Sympetrum flaveolum 



Femia nova de Sympetrum flaveolum

Unha das lagoas da zona

4 jul 2019

Baixa Limia, libélulas da raia seca

Nunha ruta herpetolóxica na Baixa Limia, observamos entre outras, dúas das libélulas protagonistas desta xornada, unha Anax imperator rescatada dunha Pelophylax perezi, que non tiña moi boas intencións, e unha femia de Cordulegaster boltonii que descansaba comendo tranquilamente nun camiño do val do Río de Vilameá.

Cordulegaster boltonii

Anax imperator

17 abr 2019

Veiga de Ponteliñares

Onte nunha visita ao espazo natural de A Veiga de Ponteliñares no municipio de Rairiz de Veiga en Ourense, observamos dúas especies de odonatos, un Gaiteiriño de inverno - Sympecma fusca e dous exemplares de Donceliña vermella - Pyrrhosoma nymphula.

Pyrrhosoma nymphula

Sympecma fusca


23 mar 2019

Primeira observación do 2019 na Lagoa de Cospeito

Hoxe observamos as primeiras libélulas do ano, Sympecma fusca.  Estes Gaiteiriños de inverno teñen un comportamento críptico, son adultos que emerxeron a finais do verán do 2018 e pasaron posiblemente a hibernación nalgunha percha vexetal ou baixo algunha cortiza de árbore. Durante esta primavera realizarán a ovoposición dos exemplares que emerxerán a finais deste verán.

Sympecma fusca

25 ene 2019

Sympetrum sanguineum (Müller, 1764)


Esta especie en Galicia podemos identificala facilmente,  xa que é o único Sympetrum de patas totalmente negras. Ten os pterostigmas curtos, estreitos e marróns e a base das ás con pouca mancha azafranada. O macho ten o tórax marrón escuro e abdome vermello vivo, con manchas laterais negras en S7 e S8. A femia normalmente é de cor amarela marrón, coas zonas antehumerais máis escuras. 

Macho de Sympetrum sanguineum na Terra Cha, Lugo.


Sympetrum fonscolombii (Selys, 1840)

Libeliña de ollos vermellos coa parte inferior azul celeste. Algunha das súas características de campo son as ás posteriores con mancha  azafranada e  pterostigmas amarelo claro bordeados dunha liña negra. O macho é de cor vermella intensa e a femia amarela verdosa.

Femia Sympetrum fonscolombii

Exemplar macho vello de Sympetrum fonscolombii

Macho


Femia

Macho

Femia

Inmaduro de Sympetrum fonscolombii

24 ene 2019

Sympetrum vulgatum (Linnaeus, 1758)

Fotos esquecidas.
Regresando dunha viaxe aos Vosgos, no noroeste de Francia,  no 2016, decidimos parar en Cerdaña para estar un par de días en Puigcerdá e visitar as fermosas lagoas próximas ao Lac des Bouillouses. Entre outras especies que xa compartín en entradas anteriores, observamos Sympetrum vulgatum.

Esta é unha especie complicada de identificar en campo, xa que se pode confundir facilmente con S. striolatum, a mellor identificación é poder fotografar a xenitalia para poder determinar a especie.

Femia

Femia

Macho



Xenitalia dunha femia

Xenitalia dun macho