24 jul 2012

Macromia splendens (Pictet, 1843)


Grazas as indicacións de Adolfo Cordero, Martiño e eu  puidemos ver este mes exemplares de Macromia splendens no Río Tea.
É unha das especies máis atraente e fermosa  da Odonatofauna Ibérica.
É un dos odonatos de máis envergadura. Posúe uns grandes ollos verdes esmeralda moi brillantes. Tórax verde metálico con bandas amarelas, corpo negro con manchas tamén amarelas,  e unhas longuísimas patas negras.
Para saber máis sobre esta especie podemos consultar o pdf de Odonatos de Extremadaura, pax. 197.

Por máis que intentamos sacar unha foto, foinos imposible retratala coas nosas cámaras.
Soamente temos unhas boas imaxes dunhas exuvias atopadas no Río Tea.
Por isto queremos agradecer a Adolfo Cordero que nos enviara algunhas fotos para este post.

Macromia splendens, Encoro de Albarellos. Adolfo Cordero.

Exuvia de Macromia splendens. Adolfo Cordero.

Macho de Macromia splendens. Adolfo Cordero

15 jul 2012

Aeshna isoceles (Müller, 1767)

 Comparándoa coas outras Aeshnas esta especie carece da mancha negra en forma de T na fronte. Nas ás, ten unha significativa mancha amarela na súa base. O que máis destaca nela son os fermosos ollos de cor verde.  O tórax é de  tons ámbar escuro con manchas amareladas nos costados. No abdome predominan os tons de cor ámbar  cun característico triángulo isósceles amarelo na zona dorsal do segundo segmento abdominal.

Fotos en Doniños, Ferrol. Exemplares macho de Aeshna isoceles, 26 de xuño 2012.





14 jul 2012

Un día en Vilamartín: Orthetrum brunneum

Saída ó campo realizada por Pepo Nieto, Martiño Cabana, Pepe das Pedras e Rafa Vazquez na que se poderon ver diferentes especies de odonatos (Orthetrum brunneum e O. coerulescens) e de hérpetos (Lissotriton boscai e Podarcis hispanica) realizada o 14 de xullo do 2011 en Vilamartín de Valdeorras.

Pepo Nieto, excelente naturalista e entusiasta dos documentais da natureza, regálanos este pequeno vídeo sobre o Orthetrum brunneum, especie de recente aparición en Galicia.


Moitas grazas a Pepo por facernos desfrutar con esta fermosa e esquiva especie.


4 jul 2012

Lestes virens (Charpentier, 1825)

A cor principal desta especie é verde bronce claro metálico. Pterostigmas tricolor.
Os machos maduros teñen  pruinosidade azul exclusivamente nos S9-S10 , e os apéndices anais inferiores son moi pequenos e claros.
A característica principal da femia, e que o seu ovopositor non supera o último segmento abdominal , S10.

Macho de Lestes virens

Macho de Lestes virens

Macho de Lestes virens

Macho de Lestes virens

Posta en tándem