Comparándoa coas outras Aeshnas esta especie carece da mancha negra en forma de T na fronte. Nas ás, ten unha significativa mancha amarela na súa base. O que máis destaca nela son os fermosos ollos de cor verde. O tórax é de tons ámbar escuro con manchas amareladas nos costados. No abdome predominan os tons de cor ámbar cun característico triángulo isósceles amarelo na zona dorsal do segundo segmento abdominal.
Fotos en Doniños, Ferrol. Exemplares macho de Aeshna isoceles, 26 de xuño 2012.