Coenagrion mercuriale, é unha especie de odonato da familia Coenagrionidae, sendo o seu tamaño dos máis pequenos do xénero Coenagrion, dende 19-27 en femias e 21-27 en machos (abdome (mm)); co corpo máis ou menos fino e patas e abdome curto. Teñen a cabeza alongada transversalmente e os ollos separados. Os machos son azuis, teñen na parte posterior do segundo segmento un pequeniño debuxo negro en forma de copa, as femias son normalmente verdosas e teñen o abdome case completamente negro dorsalmente. Os adultos inmaduros polo xeral son máis pálidos, de cor castaña claro con liñas ou manchas esbrancuxadas. As ás son angostas, ambos os pares con forma e veación similares.