27 jun. 2016

Coenagrion caerulescens (Fonscolombe, 1838)

Na viaxe a León observamos os primeiros Coenagrion caerulescens. Os seus trazos principais para poder diferencialos dos outros Coenagrions son: pterostigma pálido triangular no macho, apéndices superiores anais do macho máis longos e rectos (máis da metade de longos que o S10) e lixeiramente ganchudos, na femia podemos observar a prolongación en V na parte posterior do pronoto. Son moi difíciles de identificar en campo, é preciso sacar unhas boas fotos dos seus trazos principais.

Macho

Macho