Nos machos os segmentos 8 e 9 son completamente azuis. A súa principal característica radica na mancha negra no S2 que ten forma de cogomelo ou paraugas.
A femia soe ser azul celeste, pero tamén a podemos atopar en forma verdosa con manchas lanceoladas negras en todos os segmentos abdominais, menos no S8 que a mancha é triangular.