Onte, nun día de xuntanza coa familia Ferreiro Pardo, tivemos a sorte de observar varias especies de odonatos. Xunto con Lorena, Ricardo, Antía e Xurxo visitamos primeiro a Lagoa de Cospeito. Nun principio, era o espazo que pensábamos visitar para todo o día, pero dada a case ausencia de observacións de libélulas, decidimos buscar lugares máis cálidos, e despois de comer unhas pizzas chairegas deliciosas da casa
Rozas, fomos á procura de
Brachytron pratense á Lagoa de Doniños.
|
Calopteryx inmaduro na Lagoa de Cospeito |
Foi unha boa decisión! Xa que ao pouco de chegar xa estábamos observando varias especies e entre elas Brachytron. Foi un día moi entretido e agradable, observamos Calopteryx virgo, Calopteryx xanthostoma, Lestes dryas, Sympecma fusca, Coenagrion puella, Ischnura elegans, Enallagma cyathigerum, Pyrrhosoma nymphula e Brachytron pratense.
|
Cópula de Brachytron pratense |
|
Cópula de Brachytron pratense |
|
Enallagma cyathigerum comendo
|
Libélulas en familia |
|