5 jul 2018

II Simposio Ibérico de Odonatoloxía 2018

 Neste pasado fin de semana do 29 de xuño ao 1 de xullo celebrouse o II Simposio Ibérico de Odonatoloxía en Lugo. Durante este Simposio creouse o Grupo Ibérico de Odonatoloxía, entidade que terá como obxectivos fundacionais aglutinar a todos os investigadores e afeccionados ás libélulas ibéricas, desenvolver proxectos para o seu estudo e coñecemento e promover a realización continuo do Simposio Ibérico de Odonatoloxía.

O venres inaugurouse a exposición  A fotografía, a gran comunicadora no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo, exposición que permanecerá ata setembro, para todos aqueles que a queirades visitar.
O sábado foron as ponencias, iniciando o simposio Adolfo Cordero coa charla Forcipomya paludis na Península Ibérica: distribución e notas sobre o seu comportamento.
Para os interesados en saber algo máis sobre as ponencias podedes consultar o Libro de Resumes do Simposio.
O domingo visitamos a Pedreira do Marco, A Lagoa do Rei e as Insuas do Miño, un pequeno percorrido onde poder observar e fotografar algunhas libélulas.
Pese a rematar todos cunha tremenda molladura tras unha tormenta de choiva inesperada, puidemos observar varios exemplares de Calopteryx xanthostoma, Calopteryx virgo, Lestes dryas, Lestes virens, Sympecma fusca, Ceriagrion tenellum, Coenagrion puella, Coenagrion scitulum, Platycnemis latipes, Platycnemis acutipennis, Ischnura graellsii, Anax imperator, Gomphus pulchellus, Crocothemis erythraea, Libellula quadrimaculata, Sympetrum sanguineum e Oxygastra curtisii.

 A verdade e que foi todo un pracer, coincidir con moitos dos asistentes do primeiro Simposio en Córdoba no 2015 e, coñecer a novos naturalistas apaixonadas e apaixonados das libélulas.

II Simposio Ibérico de Odonatología 2018


Banner realizado a partir
dunha fotografía de Iñaki Mezquita

Inauguración da exposición A fotografía, a gran comunicadora.


Adolfo Cordero e Antonio Torralba


Visita á Pedreira do Mazo

Oxygastra curtisii macho


Oxygastra curtisii femia


Platycnemis latipes macho