Sympetrum striolatum é unha das Sympetrum máis grandes. Na observación en campo os machos distínguense ben porque a súa cor nunca chega a ser un vermello intenso coma nas outras especies. Patas negras con liña amarela ó longo das tibias e os fémures. A extensión negra da base da fronte non se prolonga ó longo dos ollos cara abaixo. De cerca podemos observar nos exemplares que non sexan avellentados as marcas amarelas destacables nos costados do tórax.