22 ago 2020

Trithemis annulata nas charcas de O Carpacedo

Nesta nova visita a Verín, Ourense, o día 14 de agosto, observamos que nas charcas de O Carpacedo esta especie aumentou considerablemente a súa poboación. Os machos son dunha fermosa cor púrpura metálica e ollos vermello escuros, con veas alares vermellas e amplas manchas amarelas azafranadas na base das ás posteriores. Ten en xeral unha pruinosidade violeta máis ou menos extensa. A femia é de cor amarela-marrón, con extensas manchas azafranadas na base das ás posteriores. Posúe dúas manchas negras nos segmentos abdominais 8º e 9º.
Macho de Trithemis annulata
Macho de Trithemis annulata
Femia de Trithemis annulata