27 feb 2011

Boyeria irene

A coloración do corpo desta especie é verde-parda, cun deseño de camuflaxe moi peculiar. O pterostigma é moi longo e os ápices das ás están escurecidas. Patas pardo-roxas. As femias poden ser máis pardas que verdosas.

Foto: A Laracha, Setembro 2010

Macho de Boyeria irene

Fotos: Lugo 2013
Macho

Femia brachycerca

Abdome do macho coa súa característica "luz caudal" en S9-10

9 feb 2011

Anax imperator

Odonato de gran tamaño, cunha lonxitude entre os 66 e os 84 mm. Cunha envergadura das ás de ata 110 mm. Tórax de cor verde. Diante dos ollos no alto da fronte presenta un pentágono negro. Abdome azul cunha banda negra que se ensancha cara os costados. A femia ten unha coloración xeral máis verde coas bandas escuras máis anchas. Pode haber femias andromorfas (co abdome azul).

Fotos en Guitiriz. Agosto-Setembro 2010.


Anax imperator macho
Anax imperator macho
Femia androcroma. Guitiriz.

Foto A Mezquita. Ourense.

Femia androcroma.


Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

30 ene 2011

Sympetrum pedemontanum

Fotos do norte de Italia. Xullo 2010





Ischnura graellsii

Especie de pequeno tamaño, a máis pequena do xénero Ischnura, os adultos miden entre 26 e 31 mm. A coloración xeral é negra e azul, ainda que existen diferentes morfotipos. Ollos azuis coa parte superior negra; tórax con dorso negro, e costados azulados con bandas negras; abdome coa cara superior totalmente negra excepto no S8 e parte do S9 que é azul. O pterostigma é romboidal e bicolor en negro e branco. As femias presentan varias formas de coloración: con coloración similar os machos, que son as femias andromorfas; e as femias heteromorfas, que poden ser tipo infuscans e tipo aurantiaca.

Macho

Femia aurantiaca. Mesía.

Femia aurantiaca. Mesía.

Cópula de Ischnura graellsii

Hábitat

Pode estar presente tanto en hábitats acuáticos estancados como cerca de ríos de pouco caudal. Necesita vexetación acuática e emerxente para realizar as súas postas. Tolera augas de pouca calidade.


Barreira. Guitiriz

Barreira. Guitiriz




Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941



29 ene 2011

Cordulegaster boltonii

É unha libeliña fácil de distinguir. Trátase dunha especie de grandes medidas, de até 80 mm de lonxitude e 90 mm de envergadura. A súa cor de fondo é negra con marcas amarelas moi acusadas na fronte e labro, e con bandas laterais igualmente amarelas nos segmentos torácicos e abdominais. A extensión das manchas amarelas do abdome é bastante variable. Os ollos son dunha cor verde rechamante. Estas características fan que e na península se lle chame “libélula tigre”. Voa de xuño a principios de outubro. É característico o voo baixo e oscilante dos machos, que soen estar cerca de regatos e ríos pequenos; atópanse a miúdo pousados sobre a vexetación de ribeira, poden chegar a ser extremadamente confiados. As ás son estreitas e alongadas, coa vena costal de cor amarela e o pterostigma negro, longo e estreito; os machos presentan un triángulo anal con 5 celas. As femias fan a posta directamente a través da auga sobre o fondo de limo ou area.

Fotografías agosto-setembro 2010

Cordulegaster boltonii. Abadín.

Cordulegaster boltonii. Courel.


Cordulegaster boltonii. Cenza.
Cordulegaster boltonii macho

Hábitat

Gústanlle as canles estreitas, regatos, ríos pequenos e corgas primaverais de montaña, de augas ben osixenadas e claras. As larvas viven nas augas dos ríos e regatos de corrente rápida.

Regato do Río Lor. Seoane. O Courel.

22 ene 2011

Onychogomphus uncatus

Esta especie pertence á familia Gomphidae. É unha libélula de tamaño considerable (entre os 50 e os 53 mm) que podemos atopar en zonas onde hai augas frescas e ben osixenadas. Posúe uns ollos cor turquesa, moi separados lateralmente, patas negras con liñas amarelas e tórax tamén amarelo con presenza de bandas anchas negras nas suturas. Os machos posúen uns apéndices en forma de gancho, sendo os da femia delgados, prolongados e converxentes. O pterostigma é negro e alongado. Está considerada como especie vulnerable no Libro Vermello dos Invertebrados de España.

Macho de uncatus. Silleda 2010


Femia de uncatus. Mondoñedo 2010


Macho de uncatus. Mondoñedo 2010


Macho de uncatus. Río Parga 2010


Hábitat:
Frecuentan ríos e regatos de auga limpa e corrente rápida, e zanfonean por camiños e pedras para cazar e tomar o sol.

Ponte Viloalle, Mondoñedo 2010

Río Parga, Guitiriz 2010

Vídeo Odonatos xullo 2010

As imaxes coas que se realizou este vídeo foron tomadas en: Parga, Guitiriz; Tarbes; Bourg-St-Maurice, Alpes; Vestigne, Torino; Cigiano Vercelli; Tortona, Alessandría; de Castelnuovo a Massa; Alpes Apuanos; Florencia; Pontebernardo, Pietraporzio; Larche, Alpes de Haute-Provence; Fontaine de Vancluse; Arles; Parc Naturel de Camargue; Carcassonne e regreso a Trevinca, Galiza.

Odonatos Viaxe Francia e Italia Xullo 2010 from Anxos Romeo on Vimeo.