23 ago 2016

Cordulia aenea (Linnaeus, 1758)

Impresionante libeliña de corpo peludo, metálico e escuro, algo broncíneo as veces. Destácalle o tórax con peluxe, e o abdome onde ten unha forma máis grosa coma de maza no S7-8. Na zona da fronte non posúe zonas amarelas.

Fotografías dun macho no Val de Arán 2016

Cordulia aenea de torax peludo
Cordulia aenea macho
Cordulia aenea macho
 

7 ago 2016

Orthetrum chysostigma (Burmeister, 1839)

Na pequena viaxe ao sur de Portugal no verán do 2014 observamos varias das libeliñas que voan na península. Na zona central do Parque Natural do Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina de Portugal fotografamos un macho e varias cópulas de Orthetrum chysostigma.
Os seus principais trazos son: abdome bastante esvelto con cintura entre S3 e S4 e tórax cunha franxa branca bordeada de negro detrás da base das ás anteriores.

Macho

Cópula

Cópula


Característica da franxa branca no tórax.

24 jul 2016

Gomphus simillimus comendo un Calopteryx en Burgos

De camiño á Val d’Arán,  xunto con Jose Gándara, Carmen e Ramsés Pérez, paramos a dar unha volta por Quintanilla del Agua con Alfonso Antón para poder observar algunha libeliña. Entre outras especies, como Calopteryx xanthostoma, Platycnemis acutipennis e Platycnemis latipes, tivemos a sorte de observar un macho de Gomphus simillimus comendo un Calopteryx tranquilamente mentres nós o fotografamos sen parar, e Martiño o gravaba.





Breve vídeo realizado por Martiño Cabana.

27 jun 2016

Coenagrion caerulescens (Fonscolombe, 1838)

Na viaxe a León observamos os primeiros Coenagrion caerulescens. Os seus trazos principais para poder diferencialos dos outros Coenagrions son: pterostigma pálido triangular no macho, apéndices superiores anais do macho máis longos e rectos (máis da metade de longos que o S10) e lixeiramente ganchudos, na femia podemos observar a prolongación en V na parte posterior do pronoto. Son moi difíciles de identificar en campo, é preciso sacar unhas boas fotos dos seus trazos principais.

Macho

Macho


26 jun 2016

Viaxe para coñecer as libélulas de León

Nesta breve viaxe por terras de León, visitamos Almanza, Villaverde de Arcayos, o Santuario da Virxe de Yecla  e  Santa María de Río.
Pese o pouco calor, tivemos a sorte de fotografar e gozar da observación de Calopteryx xanthostoma, Calopteryx virgo, Lestes barbarus, Lestes dryas, Lestes sponsa, Ceriagrion tenellum, Coenagrion mercuriale, Coenagrion puella, Coenagrion caerulescens, Enallagma cyathigerumIschnura graellsii, Ischnura pumilio, Pyrrhosoma nymphula, Anax imperator, Gomphus pulchellus, Crocothemis erythraea, Libellula quadrimaculata, Orthetrum brunneum, Orthetrum cancellatum, Orthetrum coerulescens e Sympetrum fonscolombei.

Fotografías 25 de xuño 2016

Coenagrion mercuriale macho

Coenagrion mercuriale macho
Coenagrion mercuriale macho
Coenagrion mercuriale macho

Coenagrion puella macho

Lestes barbarus femia
Enallagma cyathigerum macho

Gomphus pulchellus femia

Ischnura graellsii femia aurantiaca

Ischnura graellsii macho

Ischnura graellsii femia


Santa María de Río

Lestes sponsa femia

Sympetrum fonscolombei macho

Ceriagrion tenellum macho

Coenagrion caerulescens macho

Coenagrion caerulescens tándem ovopositando

Coenagrion caerulescens macho

Crocothemis erythraea macho

Orthetrum brunneum cópula
Orthetrum brunneum macho
Orthetrum brunneum macho

Orthetrum brunneum femia

Ischnura pumilio macho

Ischnura pumilio macho

Lestes dryas femia

Lestes dryas femia

Libellula quadrimaculata macho


Pyrrhosoma nymphula tándem



Fotografías de Martiño Cabana

Enallagma cyathigerum machos

Libellula quadrimaculata macho

Orthetrum cancellatum

Orthetrum coerulescens

Orthetrum brunneum




24 mar 2016

As primeiras libeliñas do ano

Hoxe en Punta Carreirón na Illa de Arousa, observamos as primeiras libeliñas do ano.
Nunha breve visita a esta zona atopamos varios exemplares de Ischnura graellsii



Punta Carreirón - Illa de Arousa. Pontevedra.