14 ago 2011

Aeshna affinis Van der Linden, 1820

Os machos de Aeshna affinis presentan unha coloración verde-amarelada nos laterais do tórax coas suturas lixeiramente marcadas de negro, e con marróns e amarelo na parte superior do tórax. Ollos totalmente azuis e rostro claro branco-azulado. O abdome é negro con grandes manchas azuis cuádruplas por segmento, redondeadas ou subcuadrangulares.
A coloración do S2 é totalmente de cor azul cun debuxo de máscara en negro na parte superior.
Adoitan habitar charcas ou masas de auga estancada, preferiblemente con abundante vexetación, onde podemos observar como os machos patrullan incansablemente.
Pode parecer unha miniatura de Anax imperator, e diferénciase de Aeshna mixta pola marca no S2 pois Aeshna mixta ten unha marca en forma de copa de cor amarela na parte superior, e ten o tórax moi amarronado con bandas amarelo-verdosas nos costados, e o abdome da Aeshna mixta é pardo-roxizo con pares de manchas azuis posteriores do 3º ao 10º segmento.

Macho de Aeshna affinis. Ribeira, Agosto 2011.

Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

Sympetrum meridionale (Selys, 1841)

Sympetrum de tons suaves. Os machos teñen os ollos marróns coa parte inferior de cor clara pardo-anaranxados e luminosos. Cara de cor crema con partes ruborizadas. Pterostigmas laranxa claro. Patas practicamente amarelas. Tórax moi característico pola súa coloración uniforme de cor arxiloso ou asalmonado. Abdome vermello pálido ou alaranxado sen as dúas manchas negras características do Xénero no S8 e S9.

Agosto 2011

Macho de Sympetrum meridionale

Macho

Femia
 
Coloración do tórax

Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

2 ago 2011

Sympecma fusca (Vander Linden, 1820)

Esta especie de zygóptero resulta as veces difícil de observar pola súa particular coloración que o fai pasar desapercibido. Pasa o inverno como adulto. A súa coloración é pardo escura, cun tórax de tons acastañados e metálicos na parte superior e cor crema no resto. O abdome é fino e alongado con presenza nos segmentos de manchas lanceoladas castaño-metálicas. Ollos crema e pardo-negruzcos nas facetas superiores, sendo logo dun azulado escuro na madurez. Os pterostigmas non se solapan.

Fotografías de abril e maio 2011, Guitiriz e Verín

Femia de Sympecma fusca con coloración de inverno.

Femia de Sympecma fusca

Fotografías de finais de xullo e principios de agosto, Guitiriz 2011

Macho de Sympecma fusca

Femia de Sympecma fusca
Téneral macho de Sympecma fusca

Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

27 jul 2011

Platycnemis latipes Rambur, 1842

Patexa branca Platycnemis latipes

Os adultos oscilan entre os 33-37 mm. A súa coloración é moi clara, xeralmente branca con marcas ou manchas negro mate, algúns tons brancos dos machos tenden ó azulado e o das femias tende aos laranxas. O abdome branco dos machos ten nos segmentos S7 a S9 unhas liñas paralelas negras lonxitudinais. Machos con ollos azulados e femias cos ollos lixeiramente alaranxados. O máis característico desta especie son as tíbias das patas do 2º e 3º par, con forma máis dilatada e aplanada que as outras especies, e non posúen raia (teñen forma de pluma).
Podémola observar principalmente en ríos e regatos con augas correntes e ampla vexetación de ribeira. Tamén a podemos atopar nos prados que acompañan aos cursos do ríos.

Platycnemis latipes macho. Friol, Lugo.

Platycnemis latipes macho, Lugo.
Platycnemis latipes macho. Outeiro de Rei, Lugo.

Platycnemis latipes femia. Mondariz, Pontevedra.

Platycnemis latipes femia. Outeiro de Rei, Lugo.
Platycnemis latipes femia. Mondariz, Pontevedra.

Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

23 jul 2011

Trithemis annulata (Palisot de Beauvais, 1807)

Nesta visita a Verín, Ourense o día 21 de xullo, tivemos a sorte de observar esta especie de coloración tan atractiva.
O macho é de cor púrpura metálica e ollos vermello escuro, con veas alares vermellas e amplas manchas amarela azafranadas na base das ás posteriores. Ten en xeral unha pruinosidade violeta máis ou menos extensa.
A femia é de cor amarela-marrón, con extensas manchas azafranadas na base das ás posteriores. Posúe dúas manchas negras nos segmentos abdominais 8º e 9º.

Fotos en Verín, Ourense.

Macho de Trithemis annulata

Macho de Trithemis annulata

Vista en detalle da coloración das ás e do corpo

Femia de Trithemis annulata

Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941

16 jul 2011

Orthetrum brunneum (Fonscolombe, 1837)

Hai uns días tivemos a nova de que aparecera Orthetrum brunneum na zona de Casaio atopada por José Gándara e Rafael Estevez. Este fin de semana, durante os traballos de campo para a busca de hérpetos, puidemos observar uns vinte exemplares desta especie. Esta observación constitúe unha nova cuadrícula de 10x10 km, xa que se sitúa ó norte da comarca de Valdeorras (Casaio sitúase ó sueste).

Orthetrum brunneum é unha especie escasa en Galicia, onde se ten citada na Guarda (sobre o 1920) e actualmente, en Caldas, Casaio e esta que referenciamos agora. A nivel ibérico a especie é escasa na metade occidental sendo relativamente abundante no levante.

Detalle do Rspl

Comparándoa con outras especies do mesmo xénero, distínguese de O. cancellatum en que esta ten a parte final do abdome de cor negra sendo en O. brunneum e O. coerulescens totalmente azul. Por outra banda, O. brunneum ten a cara azul claro e O. coerulescens é marrón ou marrón claro.

Fotografías de Martiño Cabana e Pepe das Pedras.

24 jun 2011

Libellula quadrimaculata

Especie fácil de recoñecer, pero nos exemplares adultos é difícil distinguir machos e femias, pois son moi parecidos, salvo que o macho ten no lateral dos segmentos do seu aplanado abdome unha fila de manchas amarelas, excepto no S9-S10 . Corpo marrón ou laranxa escuro e manchas marrón escuro na base das ás posteriores, con puntos marróns nos nodos de cada á.
Femia laranxa escuro cos 4 últimos segmentos abdominais negros, presentando a fila de manchas amarelas no lateral de todos os segmentos.

Fotos de Trevinca e Guitiriz

Libellula quadrimaculata macho

Libellula quadrimaculata femia

Libellula quadrimaculata

Libellula quadrimaculata despois da emerxencia ó lado da exuvia