14 ago 2011

Aeshna affinis Van der Linden, 1820

Os machos de Aeshna affinis presentan unha coloración verde-amarelada nos laterais do tórax coas suturas lixeiramente marcadas de negro, e con marróns e amarelo na parte superior do tórax. Ollos totalmente azuis e rostro claro branco-azulado. O abdome é negro con grandes manchas azuis cuádruplas por segmento, redondeadas ou subcuadrangulares.
A coloración do S2 é totalmente de cor azul cun debuxo de máscara en negro na parte superior.
Adoitan habitar charcas ou masas de auga estancada, preferiblemente con abundante vexetación, onde podemos observar como os machos patrullan incansablemente.
Pode parecer unha miniatura de Anax imperator, e diferénciase de Aeshna mixta pola marca no S2 pois Aeshna mixta ten unha marca en forma de copa de cor amarela na parte superior, e ten o tórax moi amarronado con bandas amarelo-verdosas nos costados, e o abdome da Aeshna mixta é pardo-roxizo con pares de manchas azuis posteriores do 3º ao 10º segmento.

Macho de Aeshna affinis. Ribeira, Agosto 2011.






Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941