31 ago 2011

Verín

"Naquela banda do río/ ten meu pai un castiñeiro,/ dá castañas en agosto,/ uvas brancas no xaneiro" Cantigueiro dos avós

Cando pensamos en Verín pensamos fundamentalmente na vila urbanizada, e no verán amósasenos como un pobo do interior de Ourense moi caloroso e sufocante.
Pero se percorremos o Verín natural, a súa fermosa natureza, proporciónanos unha variedade exquisita de ríos, montes, vales, arumes de verdor mediterráneo, cantos, cores e sons para fantasiar o noso antollo.
Sempre que visitamos Verín, visitamos a Xosé Ramón Reigada Verín Natural, gran coñecedor da flora e fauna da súa terra.
Neste último venres de agosto Xosé Ramón Reigada, Martiño Cabana e eu, visitamos o Canón do Mente, o río Mente, o río Támega, a Lagoa do Támega e Tamagelos. Entre Abellarucos, Martiños Peixeiros, Andoriñons reais, algún Escáncer cego, Sapos e Lagartixas dos penedos puidemos observar varios dos odonatos da zona.
Unha vez máis puidemos ver Trthemis annulata, e como sorpresa para rematar este día de campo, observamos un macho de Aeshna affinis.

Con estas fotos nos despedimos deste agosto 2011

Macho de Trithemis annulata

Macho de Trithemis annulata

Femia de Platycnemis acutipennis

Macho de Platycnemis latipes

Macho de Crocothemis erythraea

Macho de Aeshna affinis



Fotografías de Xosé Ramón Reigada dos ríos Mente e Támega,
agosto 2011

Mente

Mente 2

Támega, Tamagelos

Támega, O Pracer

Lagoa do Támega

Canón do Mente

E para os que queirades coñecer un pouco máis Verín recomendo visitar Verín Natural.