Grazas a Matías de las Heras visitamos a Lagoa salgada deFuente de Piedra en Málaga para observar a este inconfundible cabaliño da auga de corpo escuro e pruinosidade moi extensa.
SIO Córdoba 2015
Grazas á extraordinaria labor dos organizadores de SIO 2015 puidemos coñecer os distintos proxectos realizados e que se están a realizar nas distintas zonas da península ibérica, illas macaronésicas e mediterráneas. Foi todo un pracer pasar uns días estupendos na compañía de apaixonados amantes das libeliñas e observar algunhas especies como Onychogomphus costae en Córdoba ou Lestes macrostigma en Málaga.
Gompphus de coloración máis esmorecida que os seus conxéneres. Franxa interpleural completa e ondulada. S8-9 con forma de mazo pouco destacable. Ollos azul esvaído.
Liñas torácicas finas e franxa interpleural completa e ondulada
Macho
Macho comendo
Macho
Apéndices do macho
Femia de Gomphus pulchellus con apetito voraz.
Detalle visible do lateral do tórax da franxa interpleural completa e ondulada.
A Xeometría é unha parte das matemáticas que é responsable de estudar as propiedades e accións de figuras xeométricas no plano ou espazo.
Se observamos ao ambiente que nos rodea podemos percibir as relacións xeométricas abstractas que estudamos nunha parte das matemáticas, comprobando que a xeometría esta en todas partes. Por isto podemos dicir que a xeometría está presente moi concretamente na natureza e nas nosas vidas.
O robot libélula azul é un bo exemplo da utilización da xeometría para a creación dun drone alado. Neste vídeo de Festo Bionic podedes observar o incrible deseño dunha libélula automatizada. Festo é unha empresa familiar independente líder mundial en tecnoloxía de automatización.
Neste outro vídeo de Cristóbal Vila podedes ver máis relacións entre xeometría e natureza, principalmente ao final do vídeo onde observaremos unhas imaxes inspiradas no movemento dunha libélula.