Para diferencialo doutros machos Ischnura, temos que ver se o S9 é totalmente azul, xunto co S8 que é parcialmente azul. Pterostigma bicolor, grande e redondeado.
14 dic 2013
9 dic 2013
Enallagma cyathigerum (Charpentier, 1840)
Esta especie destaca pola súa cor azul celeste con manchas negras.
Nos machos os segmentos 8 e 9 son completamente azuis. A súa principal característica radica na mancha negra no S2 que ten forma de cogomelo ou paraugas.
A femia soe ser azul celeste, pero tamén a podemos atopar en forma verdosa con manchas lanceoladas negras en todos os segmentos abdominais, menos no S8 que a mancha é triangular.

8 dic 2013
Ceriagrion tenellum (Villers, 1789)
1 dic 2013
Lestes viridis (Vander linden, 1825)
Lestes viridis, é o máis grande dos léstidos galegos. Pterostigmas alongados pardos algo alaranxados. Presenta unha coloración xeral verde metalizada, distínguese polo seu destacable debuxo en punta sobre o costado torácico, baixo a sutura interpleural.
Vídeo da posta en solitario e en tándem de Lestes viridis.
Lestes viridis ovopositando from Anxos Romeo on Vimeo.
![]() |
| Femia ovopositando |
![]() |
| Debuxo en punta sobre o costado |
![]() |
| Tándem |
![]() |
| Téneral femia |
![]() |
| Macho |
Vídeo da posta en solitario e en tándem de Lestes viridis.
Lestes viridis ovopositando from Anxos Romeo on Vimeo.
27 oct 2013
Coenagrion puella (Linnaeus, 1756)
Coenagrion puella ten unha cor xeral azul e negra. Ollos azuis coa zona superior negra.
A característica principal no macho é o debuxo no S2 en forma de U cuxa base non toca o anel entre S2 e S3. Ten liñas negras estendidas a ambos os dous lados do abdome dende S2 a S6. Apéndices anais separados e curvados cara a dentro.
Femia normalmente verde, pro existe unha forma azul celeste.

| Posta en tándem |
![]() |
| Posta en tándem |
![]() | ||
| Tándem |
29 sept 2013
Coenagrion scitulum (Rambur, 1842)
É o cabaliño máis pequeno do xénero Coenagrion.
Destacan a súas manchas postoculares azuis ben visibles e unha mancha negra en S2 con forma de "cabeza de gato". Marcas negras na súa metade de S3 a S5, e mancha totalmente negra de S6 a S7. Apéndices anais moi curtos e con forte incurvación cara a dentro. Pterostigma escuro de forma rectangular.
Femia azul celeste con manchas negras en forma de torpedo que nunca completan os segmentos abdominais.

21 ago 2012
Femia de Cordulegaster boltonii ovopositando
Posta exofítica, ovoposición sobre o sustrato de río dunha femia de Cordulegaster boltonii.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)