"Naquela banda do río/ ten meu pai un castiñeiro,/ dá castañas en agosto,/ uvas brancas no xaneiro" Cantigueiro dos avós
Cando pensamos en Verín pensamos fundamentalmente na vila urbanizada, e no verán amósasenos como un pobo do interior de Ourense moi caloroso e sufocante.
Pero se percorremos o
Verín natural, a súa fermosa natureza, proporciónanos unha variedade exquisita de ríos, montes, vales, arumes de verdor mediterráneo, cantos, cores e sons para fantasiar o noso antollo.
Sempre que visitamos Verín, visitamos a Xosé Ramón Reigada
Verín Natural, gran coñecedor da flora e fauna da súa terra.
Neste último venres de agosto Xosé Ramón Reigada, Martiño Cabana e eu, visitamos o Canón do Mente, o río Mente, o río Támega, a Lagoa do Támega e Tamagelos. Entre Abellarucos, Martiños Peixeiros, Andoriñons reais, algún Escáncer cego, Sapos e Lagartixas dos penedos puidemos observar varios dos odonatos da zona.
Unha vez máis puidemos ver
Trthemis annulata, e como sorpresa para rematar este día de campo, observamos un macho de
Aeshna affinis.
Con estas fotos nos despedimos deste agosto 2011
Macho de Trithemis annulata
Macho de Trithemis annulata
Femia de Platycnemis acutipennis
Macho de Platycnemis latipes
Macho de Crocothemis erythraea
Macho de Aeshna affinis
Fotografías de Xosé Ramón Reigada dos ríos Mente e Támega,
agosto 2011
Mente
Mente 2
Támega, Tamagelos
Támega, O Pracer
Lagoa do Támega
Canón do Mente
E para os que queirades coñecer un pouco máis Verín recomendo visitar
Verín Natural.