Fotografía dun Sympetrum pedemontanum da Baixa Cerdaña dos Pirineos catalans.
30 dic 2018
31 oct 2018
Odonatos de outono
Libélulas de outubro 2018
Neste mes tras un percorrido por varios puntos de Galicia observamos Gaiteiriños, Donceliñas, Libeliñas, Tizóns e Lavacús, pero a estrela foi a Libeliña de outono – Aeshna mixta.
Neste mes tras un percorrido por varios puntos de Galicia observamos Gaiteiriños, Donceliñas, Libeliñas, Tizóns e Lavacús, pero a estrela foi a Libeliña de outono – Aeshna mixta.
![]() |
Cópula de Aeshna mixta - Libeliña de outomo na Lagoa de Xuño en Porto do Son |
Cópula de Aeshna mixta - Libeliña de outomo en Melide |
Aeshna mixta - Libeliña de outomo nas Insuas do Miño, Lugo |
Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente |
Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente |
Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente |
Ischnura graellsii - Donceliña de Graells |
![]() |
Femia de Orthetrum coerulescens - Libélula celeste |
Sympetrum meridionale - Lavacú meridional en Melide |
![]() |
Sympetrum meridionale - Lavacú meridional en Porto do Son |
Sympetrum sanguineum - Lavacú sanguiño |
25 ago 2018
Algunhas libélulas da Terra Cha
Nesta actividade organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio observáronse vinte especies de odonatos, entre elas varias libélulas que habitualmente resultan difíciles de observar na Terra Cha. Aquí poderedes ver algunhas das libélulas fotografadas:
![]() |
Onychogomphus uncatus macho |
![]() |
Aeshna affinis macho |
![]() |
Oxygastra curtisii macho |
![]() |
Libellula quadrimaculata |
![]() |
Trithemis annulata femia |
![]() |
Trithemis annulata femia |
![]() |
Calopteryx xanthostoma femia |
![]() |
Cópula de Lestes dryas |
![]() |
Lestes virens macho |
![]() |
Lestes virens macho |
![]() |
Chalcolestes viridis femia |
![]() | |
Platycnemis latipes macho |
6 ago 2018
Viaxe ás Landas, Nova Aquitania.
Nesta viaxe dunha semana polo norte da Península Ibérica e as Landas en Nova Aquitania, Francia observamos un total de 36 especies de odonatos:
Calopteryx haemorrhoidalis, Calopteryx xanthostoma, Calopteryx virgo, Chalcolestes viridis, Lestes barbarus, Lestes sponsa, Lestes virens, Sympecma fusca, Ceriagrion tenellum, Coenagrion mercuriale, Enallagma cyathigerum, Erythromma lindenii, Erythromma viridulum, Ischnura elegans, Pyrrhosoma nymphula, Platycnemis latipes e Platycnemis acutipennis.
Aeshna affinis, Aeshna cyanea, Anax imperator, Boyeria irene, Gomphus flavipes, Onychogomphus forcipatus, Crocothemis erythraea, Leucorrhinia albifrons, Libellula fulva, Libellula depressa, Orthetrum albistylum, Orthetrum cancellatum, Orthetrum coerulescens, Somatochlora flavomaculata, Sympetrum fonscolombii, Sympetrum sanguineum, Sympetrum striolatum, Trithemis annulata e Oxygastra curtisii.
Gomphus flavipes macho en Dax, Francia |
Gomphus flavipes macho en Dax, Francia |
Leucorrhinia albifrons macho en Hostens, Landas |
Téneral de Leucorrhinia albifrons en Hostens, Landas |
Téneral de Leucorrhinia albifrons en Hostens, Landas |
Orthetrum albistylum macho en Hostens, Landas |
Orthetrum albistylum macho en Hostens, Landas |
Cópula de Libellula fulva en Messanges, Fancia |
Libellula fulva femia en Dax, Francia |
Cópula de Ceriagrion tenellum en Hostens, Landas-Francia |
Cópula de Ischnura elegans en Hostens, Landas-Francia |
Lestes sponsa macho en Hostens, Landas-Francia |
5 jul 2018
II Simposio Ibérico de Odonatoloxía 2018
Neste pasado fin de semana do 29 de xuño ao 1 de xullo celebrouse o II Simposio Ibérico de Odonatoloxía en Lugo. Durante este Simposio creouse o Grupo Ibérico de Odonatoloxía, entidade que terá como obxectivos fundacionais aglutinar a todos os investigadores e afeccionados ás libélulas ibéricas, desenvolver proxectos para o seu estudo e coñecemento e promover a realización continuo do Simposio Ibérico de Odonatoloxía.
O venres inaugurouse a exposición A fotografía, a gran comunicadora no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo, exposición que permanecerá ata setembro, para todos aqueles que a queirades visitar.
O sábado foron as ponencias, iniciando o simposio Adolfo Cordero coa charla Forcipomya paludis na Península Ibérica: distribución e notas sobre o seu comportamento.
Para os interesados en saber algo máis sobre as ponencias podedes consultar o Libro de Resumes do Simposio.
O domingo visitamos a Pedreira do Marco, A Lagoa do Rei e as Insuas do Miño, un pequeno percorrido onde poder observar e fotografar algunhas libélulas.
Pese a rematar todos cunha tremenda molladura tras unha tormenta de choiva inesperada, puidemos observar varios exemplares de Calopteryx xanthostoma, Calopteryx virgo, Lestes dryas, Lestes virens, Sympecma fusca, Ceriagrion tenellum, Coenagrion puella, Coenagrion scitulum, Platycnemis latipes, Platycnemis acutipennis, Ischnura graellsii, Anax imperator, Gomphus pulchellus, Crocothemis erythraea, Libellula quadrimaculata, Sympetrum sanguineum e Oxygastra curtisii.
A verdade e que foi todo un pracer, coincidir con moitos dos asistentes do primeiro Simposio en Córdoba no 2015 e, coñecer a novos naturalistas apaixonadas e apaixonados das libélulas.
![]() | ||
II Simposio Ibérico de Odonatología 2018
|
![]() |
Inauguración da exposición A fotografía, a gran comunicadora. |
![]() |
Adolfo Cordero e Antonio Torralba |
![]() |
Visita á Pedreira do Mazo |
![]() |
Oxygastra curtisii macho |
![]() |
Oxygastra curtisii femia |
7 may 2018
Da Lagoa de Cospeito a Lagoa de Doniños
Onte, nun día de xuntanza coa familia Ferreiro Pardo, tivemos a sorte de observar varias especies de odonatos. Xunto con Lorena, Ricardo, Antía e Xurxo visitamos primeiro a Lagoa de Cospeito. Nun principio, era o espazo que pensábamos visitar para todo o día, pero dada a case ausencia de observacións de libélulas, decidimos buscar lugares máis cálidos, e despois de comer unhas pizzas chairegas deliciosas da casa Rozas, fomos á procura de Brachytron pratense á Lagoa de Doniños.
![]() |
Calopteryx inmaduro na Lagoa de Cospeito |
Foi unha boa decisión! Xa que ao pouco de chegar xa estábamos observando varias especies e entre elas Brachytron. Foi un día moi entretido e agradable, observamos Calopteryx virgo, Calopteryx xanthostoma, Lestes dryas, Sympecma fusca, Coenagrion puella, Ischnura elegans, Enallagma cyathigerum, Pyrrhosoma nymphula e Brachytron pratense.
![]() |
Cópula de Brachytron pratense |
![]() |
Cópula de Brachytron pratense |
![]() | ||
Enallagma cyathigerum comendo
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)