Viaxamos dende Parga a Medina Sidonia, para comezar dende aquí unha visita a diversos puntos do Parque Natural Los Alcornocales e do Parque Natural Sierra de Grazalema no sur de Andalucía.
Coñecemos varios pobos fermosos e acolledores como Jimena de la Frontera, Gaucín, Ronda, Montecorto e Zahara de la Sierra, ao mesmo tempo que percorríamos zonas para fotografar libélulas.
O primeiro día grazas a grata compañía de
Jose M. Gaona que nos acompañou e ensinou o
Orthetrum nitidinerve, puidemos fotografar un exemplar e tamén observar e fotografar
Orthetrum coerulescens,
Orthetrum chrysostigma,
Orthetrum trinacria,
Paragomphus genei,
Sympetrum fonscolombii,
Crocothemis erythraea,
Selysiothemis nigra,
Diplacodes lefebvrii,
Trithemis annulata e
Trithemis kirbyi.
No segundo día na zona do río Guadairo observamos e fotografamos Zygonyx torridus, unha libélula complicada de ver pousada e polo tanto difícil de fotografar. Atopamos exuvias e vimos moitos exemplares sempre voando a varios metros de altura. Tamén observamos Calopteryx haemorrhoidalis de distinta coloración aos exemplares do noroeste ibérico e Onychogomphus forcipatus, Anax imperator, Anax parthenope, Platycnemis latipes, Erythromma lindenii e Erythromma viridulum.
Fotografías dalgunhas das libélulas desta viaxe, agosto 2017.
 |
| Unha femia de Orthetrum trinacria comendo un macho de Trithemis annulata |
 |
| Orthetrum nitidinerve |
 |
| Orthetrum nitidinerve |
 |
| Zygonyx torridus |
 |
| Exuvia de Zygonyx torridus |
 |
| Exuvia de Zygonyx torridus |
 |
| Femia de Paragomphus genei |
 |
| Sympetrum fonscolombii |
 |
| Sympetrum fonscolombii |
 |
| Onychogomphus forcipatus |
 |
| Trithemis kirbyi |
 |
| Trithemis kirbyi |
 |
| Trithemis kirbyi |
 |
| Trithemis kirbyi en Montecorto |
 |
| Montecorto |
 |
Río Guadairo
|