26 ago 2017

Parc Naturel Régional des Pyrénées Catalanes xullo 2017

Nesta viaxe visitamos Plaiaundi e a Cerdaña francesa e catalana, onde subimos aos lagos de Les étangs du Carlit. Nesta zona fixemos diferentes rutas espectaculares para ver varias lagoas de montaña comezando todas elas dende o Lac des Bouillouses. Ao regreso tamén visitamos varios puntos en Aragón.

Dende Mont-Louis subimos ó corazón dos Pireneos cataláns. A 2016 metros de altitude visitamos o lago artificial de Lles Bouillouses, espazo natural protexido dunha gran beleza. Dende este punto realizamos a ruta dos 12 lagos para poder observar este magnífico lugar e tamén fotografar as libélulas de montaña.
No verán, para protexer este espazo natural, a circulación de automóbiles está restrinxida. En xullo e agosto, pódese acceder ao lago no autobús que sae de Pla de Barrès, no telesilla desde Font-Romeu ou camiñando polos carreiros.

Pasamos calor e algún incidente coas tempestades e a sarabia, pero mereceu a pena  e en total  observamos 34 especies de libélulas: Calopteryx virgo, Calopteryx xanthostoma, Lestes virens, Platycnemis latipes, Pyrrhosoma nymphula, Coenagrion puella, Coenagrion hastulatum, Erythromma lindenii, Erythromma viridulum, Ischnura graellsii, Enallagma cyathigerum, Lestes sponsa, Cordulegaster bidentata, Cordulegaster boltonii, Anax imperator, Anax parthenope, Aeshna grandis, Aeshna juncea, Onychogomphus forcipatus, Somatochlora metallica, Orthetrum cancellatum, Orthetrum coerulescens, Orthetrum brunneum, Libellula depressa, Libellula quadrimaculata, Sympetrum danae, Sympetrum flaveolum, Sympetrum fonscolombii, Sympetrum pedemontanum, Crocothemis erythraea, Selysiothemis nigra, Leucorrhinia dubia, Trithemis annulata e Trithemis kirbyi.

Algunhas das libélulas fotografadas nesta viaxe, xullo 2017.

Orthetrum cancellatum

Sympetrum fonscolombii

Cordulegaster bidentata

Aeshna grandis

Somatochlora metallica

Coenagrion hastulatum

Cópula de Coenagrion hastulatum

Crocothemis erythraea

Leucorrhinia dubia

Libellula quadrimaculata

Onychogomphus forcipatus

Selysiothemis nigra

Sympetrum flaveolum

Sympetrum flaveolum

Sympetrum pedemontanum na Cerdaña

Sympetrum pedemontanum na Cerdaña

Sympetrum pedemontanum na Cerdaña

Trithemis annulata en Aragón

Trithemis kirbyi en Aragón