29 sept 2013

Coenagrion scitulum (Rambur, 1842)

É o cabaliño máis pequeno do xénero Coenagrion.
Destacan a súas manchas postoculares azuis ben visibles e unha mancha negra en S2 con forma de "cabeza de gato". Marcas negras na súa metade de S3 a S5, e mancha totalmente negra de S6 a S7. Apéndices anais moi curtos e con forte incurvación cara a dentro. Pterostigma escuro de forma rectangular.
Femia azul celeste con manchas negras en forma de torpedo que nunca completan os segmentos abdominais.








21 ago 2012

Femia de Cordulegaster boltonii ovopositando

Posta exofítica, ovoposición sobre o sustrato de río dunha femia de Cordulegaster boltonii.

15 ago 2012

Femia androcroma de Anax imperator ovopositando

Neste vídeo podemos observar unha posta endofítica realizada por esta femia que inserta os ovos na vexetación flotante da charca.


Femia androcroma de Anax imperator ovopositando from Anxos Romeo on Vimeo.

9 ago 2012

Posta en tándem de Sympetrum flaveolum

Imaxes de posta en tándem de exemplares de Sympetrum flaveolum sobre vexetación terrestre nunha lagoa no Cebreiro.

Sympetrum flaveolum ovopositando en tándem from Anxos Romeo on Vimeo.

24 jul 2012

Macromia splendens (Pictet, 1843)


Grazas as indicacións de Adolfo Cordero, Martiño e eu  puidemos ver este mes exemplares de Macromia splendens no Río Tea.
É unha das especies máis atraente e fermosa  da Odonatofauna Ibérica.
É un dos odonatos de máis envergadura. Posúe uns grandes ollos verdes esmeralda moi brillantes. Tórax verde metálico con bandas amarelas, corpo negro con manchas tamén amarelas,  e unhas longuísimas patas negras.
Para saber máis sobre esta especie podemos consultar o pdf de Odonatos de Extremadaura, pax. 197.

Por máis que intentamos sacar unha foto, foinos imposible retratala coas nosas cámaras.
Soamente temos unhas boas imaxes dunhas exuvias atopadas no Río Tea.
Por isto queremos agradecer a Adolfo Cordero que nos enviara algunhas fotos para este post.

Macromia splendens, Encoro de Albarellos. Adolfo Cordero.

Exuvia de Macromia splendens. Adolfo Cordero.

Macho de Macromia splendens. Adolfo Cordero

15 jul 2012

Aeshna isoceles (Müller, 1767)

 Comparándoa coas outras Aeshnas esta especie carece da mancha negra en forma de T na fronte. Nas ás, ten unha significativa mancha amarela na súa base. O que máis destaca nela son os fermosos ollos de cor verde.  O tórax é de  tons ámbar escuro con manchas amareladas nos costados. No abdome predominan os tons de cor ámbar  cun característico triángulo isósceles amarelo na zona dorsal do segundo segmento abdominal.

Fotos en Doniños, Ferrol. Exemplares macho de Aeshna isoceles, 26 de xuño 2012.





14 jul 2012

Un día en Vilamartín: Orthetrum brunneum

Saída ó campo realizada por Pepo Nieto, Martiño Cabana, Pepe das Pedras e Rafa Vazquez na que se poderon ver diferentes especies de odonatos (Orthetrum brunneum e O. coerulescens) e de hérpetos (Lissotriton boscai e Podarcis hispanica) realizada o 14 de xullo do 2011 en Vilamartín de Valdeorras.

Pepo Nieto, excelente naturalista e entusiasta dos documentais da natureza, regálanos este pequeno vídeo sobre o Orthetrum brunneum, especie de recente aparición en Galicia.


Moitas grazas a Pepo por facernos desfrutar con esta fermosa e esquiva especie.