![]() |
| Anax ephippiger apareándose |
6 abr 2017
Anax ephippiger (Burmeister, 1839)
Nunha visita a finais de outubro do 2016 á Lagoa de San Pedro de Muro, xunto con José Gándara, fotografamos varios exemplares desta libélula.
31 mar 2017
Somatochlora metallica (Selys, 1871)
Na viaxe que realizamos en agosto do 2016 por Francia e Alemaña, unha das miñas prioridades foi fotografar Somatochloras, pero non son doadas de fotografar, son tremendamente bulideiras. Nestas dúas fotos “minimamente enfocadas” podemos observar unha das súas características de campo: as pintas amarelas da fronte.
26 mar 2017
Aeshna grandis (Linnaeus, 1758)
Foi unha das maiores sorpresas observar por primeira vez esta libélula de gran tamaño e cor castaño-avermellado:
parece un pequeno volcán voando!
Ballons des Vosges, Francia, agosto 2016
parece un pequeno volcán voando!
Ballons des Vosges, Francia, agosto 2016
| Aeshna grandis |
| Aeshna grandis, fotografía de Martiño Cabana |
| Femia, Aeshna grandis, fotografía de Martiño Cabana |
| Femia, Aeshna grandis, fotografía de Martiño Cabana |
19 mar 2017
Primeiras libeliñas do 2017
2 mar 2017
Onychogomphus forcipatus forcipatus (Linnaeus, 1758)
Onychogomphus forcipatus é unha especie que se distribúe por gran parte do Paleártico Occidental, desde o norte de África ata os Urais,
Na Península Ibérica (e norte de África e sur de Francia) podemos atopar a subespecie unguiculatus, caracterizada por ter o ángulo entre o dente subterminal do apéndice inferior e o resto do apéndice de: 90º (25-120º) *Dijkstra pax.200
Pola contra, fora desta zona está presente a subespecie nominal (O. forcipatus foircipatus) caracterizada por ter o ángulo entre o dente subterminal do apéndice inferior e o resto do apéndice de: >140º (120-160º) *Dijkstra pax.200
Debemos indicar que existen pequenas poboacións da subespecie nominal na Península Ibérica detectadas por Iñaki Mezquita e Antonio Torralba en Guipúzcoa.
Nos observámola en dous puntos da Alsacia (NE Francia)
![]() |
| Onychogomphus forcipatus forcipatus na Petite Camargue D´Alsace |
![]() |
| Onychogomphus forcipatus forcipatus Fotografía de Martiño Cabana |
![]() |
| Comparación subespecies |
1 mar 2017
3 feb 2017
Diplacodes lefebvrii (Rambur, 1842)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








