31 mar 2017

Somatochlora metallica (Selys, 1871)

Na viaxe que realizamos en agosto do 2016 por Francia e Alemaña, unha das miñas prioridades foi fotografar Somatochloras, pero non son doadas de fotografar, son tremendamente bulideiras. Nestas dúas fotos “minimamente enfocadas” podemos observar unha das súas características de campo: as pintas amarelas da fronte.