29 mar 2012

Brachytron pratense (Müller, 1764)


Nunha das primeiras saídas para ver odonatos este ano, Martiño e eu visitamos O Grove.
Neste día, entre outras especies, vimos varios exemplares de Brachytron pratense na canteira da Lanzada, e nas charcas intradunares.

Brachytron pratense é un pequeno Anisóptero que adoita ser confundido con algunhas especies do xénero Aeshna, pero o abdome é moito máis curto.
O macho ten os ollos azuis; ten o tórax verde claro coa parte superior marrón; dúas manchas antehumerais verdes, grandes e estreitas. O abdome é negro brillante con máculas alargadas azul claro, exceptuando no S3, que son verdes. Apéndices anais estreitos, longos, e curvados cara a dentro. Nas imaxes pódemos observar como resalta a presenza de pequenos “pelos” por todo o corpo.
A femia ten os ollos escuros; tórax marrón con ausencia de manchas antehumerais ou residuais de cor amarela. Abdome negro grisáceo con máculas dobres reducidas amarelas.
Apéndices anais moi longos, rectos e estreitos.
Distribúese pola costa galega, onde voa a principios da primavera nos principais humidais costeiros.


Fotos na Lanzada, 29 de marzo 2012








Cópula



Téneral





























3 mar 2012

Lestes sponsa (Hansemann, 1823)

Nestes dous últimos anos atopáronse na zona de Trevinca e Macizo Central varias poboacións desta especie. Neste enlace ó artigo publicado no Boletín da SEA podedes ler máis información: Primeras Cistas de Lestes sponsa para Galicia.

Lestes sponsa é unha libeliña de cor verde escuro brillante,
os machos maduros teñen pruiniscencia azul no tórax e nos segmentos abdominais 1,2,9 e 10.
Característica principal: xenitais masculinos cos apéndices inferiores rectos e estreitos.
Na femia o ovopositor non sobrepasa o último segmento abdominal (S10).
Fotos de Trevinca 2011
















Forma recta dos cercos


29 sept 2011

Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758)

É unha libeliña moi engaiolante e garbosa, cunha extensa mancha azafranada que ocupa un terzo da superficie alar. Ten pterostigmas curtos de cor laranxa e ollos marróns coa parte inferior verde claro.
O macho é de cor vermella claro, e ten en vista lateral unha liña negra na parte inferior do abdome.
A femia é amarelo apagado. As manchas azafranadas das ás anteriores esténdese pola costa até o nodo.
Esta especie presenta na Península Ibérica unha distribución fragmentada e sempre asociada ás zonas montañosas, con escasas localidades coñecidas. En Galicia atopáronse unhas localidades na zona montañosa do Caurel e Trevinca.

Fotos de Caurel e Trevinca, 2010-11







Lagoas do Lombo, Trevinca.

4 sept 2011

Trithemis annulata na Terra Chá


"Eu amo a Terra Chá, sempre tan miña. Eu amo a Terra Chá tal como é: ..."
Manuel María
“Terra Cha” Edicions Celtas, 1954


Nunha visita na última semana de agosto as Lagoas de Riocaldo, observáronse dous machos desta especie, coa súa cor púrpura metálica tan atractiva.

Macho de Trithemis annulata, foto en Riocaldo

Foto do hábitat da Lagoa de Riocaldo.

Déixovos este enlace de interés, para coñecer a Lagoa de Riocaldo:
Terras do Miño 5
de oajme

31 ago 2011

Verín

"Naquela banda do río/ ten meu pai un castiñeiro,/ dá castañas en agosto,/ uvas brancas no xaneiro" Cantigueiro dos avós

Cando pensamos en Verín pensamos fundamentalmente na vila urbanizada, e no verán amósasenos como un pobo do interior de Ourense moi caloroso e sufocante.
Pero se percorremos o Verín natural, a súa fermosa natureza, proporciónanos unha variedade exquisita de ríos, montes, vales, arumes de verdor mediterráneo, cantos, cores e sons para fantasiar o noso antollo.
Sempre que visitamos Verín, visitamos a Xosé Ramón Reigada Verín Natural, gran coñecedor da flora e fauna da súa terra.
Neste último venres de agosto Xosé Ramón Reigada, Martiño Cabana e eu, visitamos o Canón do Mente, o río Mente, o río Támega, a Lagoa do Támega e Tamagelos. Entre Abellarucos, Martiños Peixeiros, Andoriñons reais, algún Escáncer cego, Sapos e Lagartixas dos penedos puidemos observar varios dos odonatos da zona.
Unha vez máis puidemos ver Trthemis annulata, e como sorpresa para rematar este día de campo, observamos un macho de Aeshna affinis.

Con estas fotos nos despedimos deste agosto 2011

Macho de Trithemis annulata

Macho de Trithemis annulata

Femia de Platycnemis acutipennis

Macho de Platycnemis latipes

Macho de Crocothemis erythraea

Macho de Aeshna affinis



Fotografías de Xosé Ramón Reigada dos ríos Mente e Támega,
agosto 2011

Mente

Mente 2

Támega, Tamagelos

Támega, O Pracer

Lagoa do Támega

Canón do Mente

E para os que queirades coñecer un pouco máis Verín recomendo visitar Verín Natural.

28 ago 2011

Erythromma viridulum (Charpentier, 1840)

Os machos pódense identificar facilmente por ter uns ollos dun rechamante vermello. Tórax lateralmente azul pero dorsalmente moi escuro con dúas bandas douradas. Abdome azul e negro. Apéndices anais negros curvados cara a dentro.

Femia azul e negra, con parte do tórax e os ollos verdosos. Abdome coa parte superior escura e lateralmente azulado ou verdoso-amarelo.



Sobrado dos Monxes e Guitiriz, agosto 2011

Macho de Erythromma viridulum

Macho de Erythromma viridulum

Detalle dos ollos

Macho de E. viridulum entre tándens de E. lindenii




Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941